El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

González Formoso : "Queremos liderar o partido socialista de Galicia e o noso modelo non se resigna a ser terceira forza política"

30-09-2021 21:25:02
Valentín González Formoso.

AS PONTES | Valentín González Formoso presentou hoxe na Praza América de As Pontes, a súa vila natal e da que é alcalde desde o ano 2007, a súa candidatura ao proceso de Primarias á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE. Un acto no que estivo acompañado de máis duascentas persoas, entre as que se atopaba a militancia de base da agrupación local e compañeiros de partido doutras agrupacións, e no que se instou á militancia a “recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia”.

González Formoso anunciou “a súa candidatura, o seu compromiso total co partido socialista e con Galicia” e quixo arrincar nas Pontes “onde hai case 20 anos empezou todo, e onde continúa todo, unha caravana de ilusión que percorrerá Galicia de norte a sur e de este a oeste, un proxecto que quere recuperar o talento do partido socialista, que quere abrir as súas ventás e poñelo a disposición dos galegos e as galegas”.

“Queremos liderar o partido socialista de Galicia e o modelo que nós ofrecemos non se resigna a ser terceira forza política, xamais escoitaredes desta boca que o PSdeG-PSOE non pode gañar as eleccións autonómicas porque iso sería renunciar á socialdemocracia para Galicia, renunciar a que teña igualdade de oportunidades”, destacou o candidato, que tamén fixo fincapé en que “para iso temos que recuperar o talento que temos dentro do partido e dar o mellor de nós mesmos”.

Sobre a súa candidatura ao PSdeG, explicou que “quere fuxir do sectarismo, da exclusión de quen non pensa como el ou como ela, en definitiva un novo modelo onde a militancia é a protagonista” e eloxiou “o noso proceso de primarias, netamente democrático, que ten que ser a envexa de calquera formación política porque permite aos militantes decidir o modelo de partido que queren que xestione a súa organización e polo tanto non desune ao partido, se non que o fortalece e o enriquece”.

“Temos que ser conscientes da mensaxe que a cidadanía galega nos enviou nas últimas eleccións autonómicas e por iso temos unha responsabilidade de dar un paso adiante, de unir sensibilidades e aglutinarnos para fortalecer un proxecto socialista ilusionante. Somos capaces de facelo pero para iso hai que levantar o PSOE, hai que recuperar outra vez a confianza da xente”, subliñou González Formoso. 

“Sabemos facelo e podemos facelo. Fíxose con Pedro Sánchez e hoxe está á fronte do goberno do Estado. Tamén cando gañamos as eleccións en 111 localidades galegas. Cando conseguimos, por primeira vez na historia, superar ao PP en alcaldías na provincia da Coruña. Por que temos que renunciar a facelo en Galicia? ese debe ser o noso obxectivo e para iso debemos recuperar o protagonismo, que o PSDG sexa unha forza central en Galicia”, incidiu.   


As Pontes, onde comezou todo hai 20 anos  

Valentín González Formoso fixo un discurso emotivo, de agradecemento a todas as persoas que o acompañaron desde que “hai case 20 anos un grupo de compañeiros nos implicamos profundamente no partido local, comezamos a traballar no que parecía un reto imposible porque só tíñamos 1 concelleiro e hoxe temos 20 concelleiros e concelleiras e unha das agrupacións máis numerosas da provincia e de Galicia. 

Ademais, quixo facer referencia ao escenario escollido para a presentación da candidatura, a Praza América, fronte ao colexio Santa María, “construído, promovido e financiado polos emigrantes ponteses na Habana e que aglutina moitos dos valores socialistas, coa educación como palanca para garantir a igualdade e a xustiza social”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias