El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón propón a creación dun "Fondo Cultural Galego"

02-10-2021 18:48:30
Ana Pontón (d), líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón puxo hoxe en valor o traballo literario das mulleres e a súa aportación á cultura galega  no transcurso dun acto con escritoras  para lembrar a figura e obra  da escritora viguesa, Begoña Caamaño. Tras realizar unha ofrenda floral no Parque Begoña Caamaño, a portavoz nacional do BNG mantivo un encontro con escritoras galegas en homenaxe e recoñecemento  á escritora viguesa no mes de outubro, “mes no que ela naceu e no que  tivemos que despedir a unha figura irrepetible e brillante” e cunha  grande aportación á literatura galega.
 
En  Begoña Camaño, engadiu a portavoz nacionalista, queremos simbolizar a todas as escritoras e subliñou  que en Galiza temos “a inmensa sorte de que  as inauguradoras da nosa literatura contemporánea fora Rosalía de Castro”.
 
Pontón puxo en valor o traballo das mulleres escritoras galegas porque na cultura, dixo, ao igual que noutros ámbitos da sociedade, o sistema patriarcal fai que “se invisibilice a súa aportación” e  non se valore o seu  traballo. Nós hoxe, recalcou a nacionalista, queremos recoñecer todo ese  traballo  no sistema cultural galego e a súa aportación a unha literatura contemporánea renovada.
 
“Como muller, síntome orgullosa e representada polo traballo das escritoras galegas e o seu aporte á política onde seguimos precisando que o feminismo ocupe todas as actuacións e poñer no centro a denuncia de calquera  forma de discriminación que nos impidan  vivir nunha sociedade igualitaria”, afirmou.
 
 
Fondo Cultural Galego para a promoción da creatividade

A líder do BNG apelou a que os  Fondos Nex Generation non  “acaben  nas mans de catro multinacionais” e que sexan utilizados para darlle potencia a noso país. Unha gran parte desa potencia, dixo,  está na cultura  e dende o BNG apostamos por destinar parte destes fondo á creación “dun Fondo Cultural galego” para darlle impulso a Galiza, a súa internacionalización e apoiar toda “a creatividade e talento”. Entre as iniciativas do Fondo Cultural  Galego destacou “a posta en marcha do Instituto Rosalía de Castro, internacionalizar a lingua e cultura galega, bolsas para a creación e residencias literarias e artísticas  que permitan impulsar o traballo literario das escritoras noveis con máis dificultades para acceder ao mercado editorial”. 


Begoña Caamaño, escritora e activista feminista e política 

A xornalista, poeta e académica, Ana Romaní abriu o encontro organizado polo BNG para lembrar a figura e obra de Begoña Caamaño e que congregou a máis de vinte escritoras galegas de diferentes xéneros literarios. Todas as asistentes coincidiron en destacar a aportación de Caamaño á literatura galega así como e seu activismo feminista e político. Ledicia Costas, Marga Doval, Inma López Silva, Marta Dacosta, Dolores Vilavedra, Lucía Aldao, Luz Darriba, Goretti Sanmartín ou Luz Fandiño, entre outras, salientaron as múltiples facetas vitais, profesionais e creativas da escritora viguesa e o  seu traballo literario centrado na revisión da tradición. Neste sentido, a portavoz de Cultura e lingua do BNG, Mercedes Queixas salientou o activismo de Begoña Caamaño colocando sempre no centro “o seu compromiso reivindicativo” ao denunciar a marxinalidade do papel das mulleres na historia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias