BETANZOS | Valentín González Formoso
mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa socialista
de Betanzos, María Barral, no que aproveitou para lembrar que “o socialismo non
só se predica, practícase” e defendeu “as políticas municipais socialistas que permiten
mudar a vida da xente”.
O candidato á Secretaría Xeral
do PSdeG-PSOE destacou que “Betanzos, coa súa alcaldesa á fronte, é un bo
exemplo para explicar que o socialismo non só se predica, se non que, sobre
todo, practícase” xa que “as políticas socialistas que se empregan en Betanzos
desde hai décadas están vencelladas aos piares fundamentais do socialismo máis auténtico:
a redistribución da riqueza, a fiscalidade progresiva, a loita polos dereitos
civís e, sobre todo, a protección dos máis desfavorecidos e a loita pola
igualdade de oportunidades entre toda a poboación”.
González Formoso afirmou que “do
mesmo xeito que esta fórmula é aplicable nun concello, nas grades cidades e nas
deputacións, tamén o pode ser na Xunta de Galicia”. Un asunto no que coincidiu
María Barral, que explicou que “ademais de ser alcaldesa levo directamente
Servizos Sociais, unha área que é prioridade para o noso goberno e tamén debe
ser a de calquera home ou muller socialista porque vai no noso ADN, é o noso
principio máximo e, igual que o facemos desde os concellos os alcaldes
socialistas, isto ten que ser implantado na Xunta, onde todos creemos que é moi
mellorable a política social, ao igual que outras”.
“Pablo Iglesias dixo
claramente que non nos recreáramos exclusivamente na grandeza das nosas ideas
senón que tivésemos unha visión práctica do carácter instrumental que ten o
partido socialista de Galicia para chegar a concretar as nosas políticas e
mudar unha sociedade”, incidiu Valentín González Formoso, ao tempo que puxo o exemplo
da Deputación da Coruña, na que “incrementamos nun 137% o orzamento en acción
social, destinamos 14 millóns do Plan Único para un Fondo Social, creamos 3.000
empregos, reforzamos o servizo de Teleasistencia para acompañar aos que máis o
necesitan e vimos de presentar o noso Plan de Acción Social polo que se creará
a Rede de Concellos para o Benestar, entre outras actuacións”.
Por outra banda, en Betanzos Formoso subliñou que “todos
os avances en igualdade e feminismo viñeron da man do PSdeG-PSOE” e destacou a
figura de María Barral, “unha das vinte e tres alcaldesas e unha presidenta de
Deputación que temos en Galicia no PSOE”. “Quero contar con todo o talento
feminino do partido para poñelo a disposición da sociedade”, rematou. Departamento de comunicación