El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

González Formoso: "Sabemos gañarlle á dereita"

05-10-2021 18:40:10
Valentín González Formoso (d), en Lugo.

LUGO | Valentín González Formoso achegouse hoxe a Lugo no día do San Froilán, 5 de outubro, onde mantivo un encontro coa alcaldesa socialista da cidade, Lara Méndez”, onde destacou que “para nós Lugo é unha referencia no ámbito municipal” e reivindicou que “xa sabemos gañarlle á dereita nas administracións que están máis preto da cidadanía”.

“Lugo é o proxecto máis lonxevo do socialismo municipalista galego, a cidade na que máis tempo leva gobernando o Partido Socialista e onde o anterior alcalde, o compañeiro Pepe Orozco, xa implantou reformas socialistas que agora a compañeira e amiga Lara Méndez estende a ámbitos tan esenciais como a protección social”, afirmou o candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE. 

González Formoso fixo fincapé na “nova cara que se pretende dar a Lugo, vinculada ao acordo europeo polo medio ambiente, onde é unha referencia no noroeste do país e tamén a nivel nacional” e lembrou que “aquí ademais hai un emblema claro desde hai moitos anos: os socialistas saben gañarlle á dereita a través da fórmula de estar ao carón da xente, de escoitar á cidadanía, de saber cales son as súas problemáticas e, sobre todo, ao compromiso de non só sinalar os problemas se non de sinalar tamén solucións a estes”. 

Pola súa parte, Lara Méndez, valorou o modelo que o candidato ten para o PSdeG e coincidiu na necesidade de “ter un partido forte, un proxecto que sume dentro para gañar fora e seguir sendo ese partido integrador porque non hai nada máis de esquerdas que tender a man a todo o mundo”. A rexedora lucense tamén subliñou que “as grandes transformacións” como a que se leva anos facendo en Lugo “que vai da man da sociedade, desde o punto de vista de facer cidades máis amables, máis integradoras, e onde a transformación económica sexa fundamental” deben ser trasladadas polo partido cara Galicia.  


Galicia non ten cor política, é de quen a entenda 

Formoso rexeitou a idea de que Galicia sexa de dereitas. “Ser de dereitas neste país é permitir que o Partido Popular goberne nas institucións e a miña traxectoria di o contrario. Na provincia da Coruña, por primeira vez na historia da democracia, ostentamos máis alcaldías que o Partido Popular, a pesar dos compañeiros que dicían que era territorio do PP”. 

“Son os mesmos que teñen a idea de que somos terceira forza política porque en Galicia ten que gobernar o PP pero hai que entender Galicia, hai que atendela, escoitala e, sen resignación, quero dicir moi alto desde Lugo, unha bandeira socialista, que Galicia é de quen a atenda, non ten cor política xa que é un territorio con identidade propia e que se vai a por a carón de aqueles que resolvan os seus problemas e que teñan un proxecto que xere ilusión”, afirmou, ao tempo que deixou claro que “o Partido Socialista non pode renunciar a Galicia, esa é a esencia do proxecto que eu lidero e que coincide con moitos compañeiros e compañeiras”. 

González Formoso apelou á necesidade de facer “autocrítica” porque “os galegos e as galegas non son do Partido Popular” e rememorou que por primeira vez na historia, o Partido Socialista gañou as eleccións xerais e goberna en 111 concellos e 3 Deputacións. Sen embargo, un ano despois, a cidadanía  votou ao PP maioritariamente nas autonómicas. “Esa autocrítica é á que a dirección actual do partido debe facer”, rematou.

Por último, incidiu en que “non podemos ter un partido con cicatrices permanentes e alguén que non sexa capaz de cicatrizar feridas pode ostentar a representación máxima do partido en Galicia, o que temos que facer é, non só reter talento, se non que hai que captalo, hai que abrir as portas, ilusionar á cidadanía e saber que o PSdeG que vén esixe que esa xente se implique co seu país”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias