SANTIAGO DE COMPOSTELA | O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, faleceu este mércores en Santiago por mor dunha parada cardiorrespiratoria.
Fuentes da Xunta confirmaron que o falecemento do conselleiro
produciuse no seu despacho de San Caetano, onde se atopaba traballando e
foi atendido polos servizos de emerxencias, que non puideron facer nada
por salvar a súa vida.
Martínez tiña 60 anos. Naceu en Aldán (Cangas)
en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola
Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de
Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Direccón e Administración. EP