El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón aportará as propostas do BNG para unha nova Galicia

Tres retos: superar a crise, reforzar os servizo públicos e autogoberno político e financeiro.

12-10-2021 12:03:48
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, ultima o contido da súa intervención no debate do estado da nación, o primeiro que se celebra tras a pandemia que, a xuízo da líder do BNG, acelerou os retos e os desafíos de futuro que debe enfrontar Galiza, empezando por superar a crise económica e social que deixa o virus pero, igualmente, facer fronte a problemas estruturais que a pandemia non fixo máis que agudizar. Pontón fará balance da Galiza que deixan doce anos de políticas do PP, tanto nos sectores económicos, como nos servizos públicos, a situación dos sectores produtivos, a falta de avances en autogoberno político e financeiro, a crise demográfica ou as consecuencias dos recortes, das privatización e do espolio dos recursos do País.

No plano das propostas, a portavoz nacional explicará as medidas do Bloque para erguer Galiza e abrir un tempo novo, para reforzar os servizos públicos, para poñer o País a producir e para avanzar en autogoberno. Medidas que teñen a súa tradución nas 40 propostas de resolución, -o máximo fixado pola Cámara-,  presentadas polo BNG para someter ao consenso co resto do grupos parlamentarios.

Neste sentido, a formación nacionalista confía en que o PP nun momento de crise aposte polo diálogo e pola negociación, en lugar de utilizar a súa maioría como rodillo absolutista como é habitual, de feito, das 200 propostas de resolución presentadas polo Bloque nos últimos cinco debates do estado da nación, os populares vetaron 192.

Entre as medidas recollidas nesas 40 propostas,  o traspaso das competencias pendentes, tanto as recollidas no Estatuto como aquelas que foron acordadas de maneira unánime polo Parlamento, ampliar a capacidade económica cun novo modelo de financiamento que lle dea Galiza a chave dos seus cartos e abrir  un debate amplo, sereno e con ambición de país para avanzar nun novo status político.

Igualmente, o BNG defenderá no DEN unha Galiza máis xusta, que reforce os servizos públicos, fundamentalmente a sanidade e a educación, pero tamén os dereitos sociais como os coidados das persoas maiores cun modelo de residencias público que garanta o dereito a unha vellez digna. Unha Galiza máis xusta que tamén pasa por darlle futuro á xente moza, de aí que unha parte substancial das iniciativas do Bloque estean enfocadas a impulsar políticas que aposten pola xeración de riqueza e de emprego de calidade.

Tamén abordará a xestión dos fondos europeos de recuperación, Next Generation, ou aproveitar a crise para sentar as bases dun novo modelo económico sustentable, baseado na ciencia a na investigación, cun apoio decidido á I+D+i, de tal xeito que unha das medidas que formula nas propostas de resolución é adicar o 3% do orzamento para 2022 a ciencia e investigación. Rescatar o sector industrial figura entre as prioridades,  apostando polos sectores tradicionais como o agro, o forestal, o pesqueiro, o naval ou o automobilístico, e abrindo novos horizontes nos que Galiza pode ser tamén unha potencia como o dixital-tecnolóxico ou o biofarmacéutico. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias