Valentín González Formoso desprazouse hoxe cara Cerceda, Betanzos e Vilalba para manter encontros coa militancia destes municipios, nos que reivindicou que “non hai que ter medo ás Primarias, son unha ferramenta democrática que dá voz á militancia para que decida o futuro do partido fronte aos dedazos doutras agrupacións políticas” e incidiu en que fará unha campaña “en positivo, “baseada en ideas e propostas, sen entrar en confrontacións persoais que carecen de sentido porque todos somos compañeiros, todas e todos somos socialistas e queremos o mellor para o futuro do socialismo en Galicia”.
Formoso aposta por un modelo de PSdeG “forte e unido, que estea ao carón da xente e, como xa fixo noutros tempos, volva a ter criterio sobre asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, que faga un socialismo útil para a sociedade porque esa é a nosa forma de ser e a nosa forma de gobernar”, afirmou. Ademais, incidiu no seu primeiro compromiso como candidato para que o proceso de Primarias de que “en ningún momento haberá unhas Primarias á medida do Secretario Xeral e existirá sempre o tempo suficiente para facilitar a participación da militancia e para que calquera compañeira ou compañeiro que decida non resignarse e presentarse poida facelo”.
“Estas Primarias son posibles porque a dirección federal do PSOE foi quen de denegar á dirección galega do PSdeG en funcións a celebración deste proceso o 26 de setembro ”, denuncia González Formoso, que cree que “ían a ser unhas primarias a medida, que ían a impedir a posibilidade de participar a outro compañeiro ou compañeira, a presentar o seu proxecto”.
Entrega do máximo de avais permitidos
Valentín González Formoso rexistrou hoxe en Santiago de Compostela, na sede do PSdeG-PSOE da rúa do Pino, os avais da súa candidatura á Secretaría Xeral do partido. Presentou o máximo de avais permitido polos órganos do partido para o proceso de Primarias á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, que suman un total de 408, o que supón o 4% do censo de militantes socialistas en Galicia. Aínda así, o número de avais recollidos polo candidato supera amplamente esa cifra. “Isto permítenos detectar que hai un importante caudal de simpatía, apoio e confianza depositado na nosa candidatura, o que tamén estamos vendo nos encontros coa militancia en todos e cada un dos recunchos de Galicia aos que nos achegamos”.
Formoso agradeceu a “todos e todas, a cada un dos militantes que avalou coa súa firma esta candidatura, a súa confianza. “É un primeiro paso para que o día 30 de outubro poidamos elixir democraticamente que modelo de PSdeG queremos para o futuro”, afirmou. Departamento de comunicación