MADRID | O deputado
do BNG no Congreso mantivo unha reunión de traballo coas federacións de Área
Pública da CIG- ensino, saúde e administración- para abordar as emendas a presentar aos
Orzamentos do Estado en relación coa administración e os servizos públicos. Ambas as organizacións concordan na necesidade suprimir a taxa de reposición de efectivos para poder aumentar os cadros de persoal, combater a temporalidade nas administracións públicas e exixir a suba do
salarios das e dos empregados públicos. A representación das federacións da
Área Pública da CIG, estivo composta polo Secretario Nacional da CIG-
Ensino, Suso Bermello; o da CIG-Administración, Xavier Picón; e a Secretaria
Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
Ambas as organizacións apostan por eliminar a taxa de reposición de efectivos -que impide que as administracións poidan incorporar o persoal necesario
para o bon funcionamento dos servizos- co obxectivo
de crear “emprego neto” en todas as
administracións, así como recuperar e reforzar os servizos públicos. “O Goberno do PSOE e de Podemos empéñase en manter as taxas de reposición apesar da evidencia do grave problema da
temporalidade na administración e tamén da necersidade de mellorar servizos
esenciais como a sanidade ou a educación”, sinala o deputado do BNG.
Coincidimos coa CIG en que este é un aspecto fundamental que debe ser resolto
nos Orzamentos do Estado e por iso voltaremos a presentar unha emenda para
conseguir suprimilas ou, no mínimo, eliminar o seu carácter de norma básica”,
acrecenta.
Durante a reunión de traballo tamén abordaron
a posición sobre a reforma do EBEP e sinalaron que non se pode permitir “deixar de lado o persoal interino, polo que hai que pór sobre a mesa unha solución, desde o respecto á negociación en cada País e mesmo en cada sector da administración”. O deputado do BNG avanzou o rexistro de emendas para rematar co abuso de temporalidade nas administracións paralelamente á defensa, por parte da CIG, dunha
modificación do texto actual do RDL 14/2021 na procura dunha solución ao abuso
da temporalidade.
A favor dunha suba salarial que evite perder poder adquisitivo
A CIG trasladou ao BNG a proposta de emendar
o proxecto de Orzamentos no sentido de
superar a previsión actual de suba do 2% imposta polo goberno de coalición para
todos os empregados e empregadas públicas do estado, sobre todo cando
o IPC interanual se sitúa
xa en 5,5% e previsibelmente
continúe aumentando.
“Concordamos en que é previsto un incremento salarial que
garanta, no mínimo, que o persoal das administracións públicas non continúe
perdendo poder adqusitivo. Sería mesmo de xustiza unha recuperación real e efectiva do que se leva
perdido desde o ano 2010, máis de 10% do poder adquisitivo dos salarios públicos. Non debemos esquecer de que afinal
isto marta tamén a pauta da negocviación colectiva na empresa privada e o
conxunto dos traballadores e traballadoras non poden seguir perdendo capacidade
salarial” explica Rego.
Por este motivo, o BNG recolle
a proposta da CIG de que a
suba sexa de 5% anual no período
2022-2024, estabelecendo unha cláusula
de garantía salarial por desvío do IPC para
este período e regular a recuperación
das retribucións básicas íntegras na contía das pagas extraordinarias de
todos os grupos, que foron recortadas xa no ano 2010 polo goberno de Zapatero e
que aínda non se recuperaron. Departamento de comunicación