El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

PENSIÓNS

Ana Miranda critica que Bruxelas aplique chantaxe e recortes nas pensións a cambio dos fondos europeos

11-11-2021 11:38:34

BRUXELAS | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denuncia a aplicación da condicionalidade na concesión dos fondos europeos, é dicir, que a súa concesión se realice a cambio de executar reformas que impliquen  duras contrapartidas e recortes, como por exemplo o anuncio de cobro das autoestradas e a reforma dos sistema de pensións, co aumento do período de cómputo para calculala. “Resulta inadmisible que tamén estes fondos da UE sexan concedidos a cambio de aplicar condicións leoninas que prexudiquen aos galegos e galegas”, manifesta. 

Miranda salienta que, tal como se aprobou no relatorio da pasada Asamblea Nacional do BNG -celebrada o 7 de novembro na Coruña-, o BNG denuncia a centralización de decisións sen consulta e a imposición de contrapartidadsa e reformas estruturais “aínda máis duras que xa impostas nestes anos”. Neste sentido, a a portavoz do Bloque en Europa lembra que os fondos procedentes da UE nunca foron un agasallo para Galiza, máis ben ao contrario, dado o papel da UE como responsable do desmantelamento da capacidade produtiva de numerosos sectores básicos da economía galega. “Constantemente temos denunciado que a UE aplica unha condicionalidade tremendamente prexudicial para o noso país”, lembra Miranda. 

“Mentres que a UE pretende aplicar condicións leoninas, o BNG defende que os fondos previstos teñen que chegar ao tecido produtivo real de Galiza, ás PEMES e persoas autónomas, así como para combater o despoboamento e a fuxida de talento, paliar o impacto da descarbonización e reforzar os servizos públicos e sociais”, explica Ana Miranda, quen defende que os fondos non se vinculen a ningún tipo de recorte. “Que obxectivos quere conseguir a UE ao aplicar recortes e chantaxes a cambio de fondos”, cuestiona.  


Aumento da pobreza 

A portavoz do Bloque en Europa salienta a oposición do Bloque a que o Goberno do Estado aproveite esa situación para acometer recortes nos investimentos públicos, nas pensións, nos salarios, no mercado laboral, e nos servizos públicos en xeral. “Eses recortes suporían un prexuízo absoluto para as clases populares de Galiza que incidirían na actual crise económica que atravesan moitos fogares, así como na perda de poder adquisitivo e o aumento da pobreza”, subliña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias