El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón advirte a Feijóo e Maroto: "A Mariña está farta de fotos"

15-11-2021 17:48:20
Ana Pontón (c), líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro con responsables económicos e sociais da Mariña, en vésperas da celebración da folga xeral convocada para reclamar futuro nunha comarca que nos últimos anos perdeu máis de mil empregos no sector industrial e leva meses en vilo pola situación de ALCOA.  

A líder do BNG volve insistir na intervención pública da factoría como única solución real, e demanda da Xunta e do Goberno do Estado que dean un paso adiante porque o tempo das fotos e das “escenas de sofá” xa pasou, indicou Pontón,  en relación ao encontro que hoxe mantiveron o presidente galego e a ministra de Industria.  

“Reclamamos unha acción clara para manter a produción e o emprego, por iso a única alternativa é a intervención pública, porque os traballadores e as traballadoras de ALCOA, igual que a veciñanza da Mariña, están fartas de fotos e de promesas e queren medidas concretas para que non sigan aumentando as listas do paro. Esa acción é unha intervención pública que debería terse feito fai moito tempo”, salientou.  

Pontón responsabilizou a PP e PSOE da crise industrial que vive a comarca e demanda actuacións para evitar que empresas como a factoría de Cervo ou VESTAS se sumen a unha longa lista de peches. Por iso, pide que do encontro saía algo máis que unha imaxe ou, o que é peor, “un intento de desmobilización en vésperas da folga xeral, sería moi triste que ese fose o obxectivo da xuntanza”, alegou, tras trasladar todo o apoio do BNG á xornada de folga cun chamamento á participación. E máis, a portavoz nacionalista insta a ambos partidos a apoiar a emenda presentada polo Bloque aos orzamentos do Estado á favor da intervención de ALCOA.
 
Tamén puxo o foco no “triste” balance industrial dos doce anos de Goberno de Feixóo, onde a crise do sector non fixo máis que avanzar, tras perder 14.700 postos de traballo na industria, “sen que houbese nin unha soa empresa en crise que o Executivo do PP fose capaz de salvar, ningunha, fóronse todas a pique e non queremos que a factoría de aluminio sega o mesmo camiño”, argumentou, insistindo na intervención pública.
 
O Bloque defende un plan industrial integral para A Mariña pero, obviamente, o primeiro paso é evitar novos peches, sobre todo cando se trata de empresas estratéxicas, por iso, que  “Xunta e Goberno central deixen de botar balóns fora e aporten solucións, o que non queremos e unha nova escena de sofá que acaba en nada, un novo encontro falido, urxen medidas concretas e reais”.
 
Pontón botou man dun novo argumento a favor da intervención poñendo o foco sobre as negativas consecuencias para os sectores produtivos e para o conxunto da economía da dependencia foránea á hora de ter acceso a materias primas.
 
“ALCOA é a única fábrica de produción de aluminio primario de todo o Estado, se pecha o que agora producimos na Mariña se producirá fora e teremos que importalo. Como consecuencia, ademais de empobrecernos deixaremos miles de empregos no camiño. Sería non entender unha das leccións que nos está deixando esta crise, temos que producir, defender a nosa industria porque non se pode seguir con esta dependencia do mercado asiático. Sen industria non hai futuro”, concluíu.
 
VESTAS é outra empresa importante que pode desaparecer, e non deixa de ser un contrasentido que en pleno boom eólico se peche unha factoría que produce elementos para parque eólicos. Por iso, o Bloque demanda que se vincule a instalación de novos parques a proxectos industriais no territorio, que permita traducir a explotación do vento en creación de emprego.
 
Entre as propostas para a comarca, a formación nacionalista pon sobre a mesa un plan de reactivación económica coa implicación de todas as administracións; avanzar nas infraestruturas pendentes, tanto no ámbito das comunicacións viarias, ferroviarias e portuarias,  como de solo industrial e medidas de impulso a sectores produtivos asentados como o agrogandeiro e o pesqueiro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias