El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "O AVE é a crónica dunha discriminación con Galiza"

22-11-2021 16:28:23
Ana Pontón, portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, fixo unha valoración da chegada da alta velocidade a Galiza despois de que hoxe tivese lugar a viaxe de proba entre Madrid e Ourense, -a segunda inauguración que fai Feixóo-, destacando que o BNG lle da a benvida ao AVE, pero sen esquecer que a alta velocidade é a crónica dunha discriminación con Galiza.  

“A chegada do AVE a Galiza é a crónica dunha discriminación dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE, tras décadas soportando anuncios que nunca se cumpriron, e iso pasou con executivos de uns e outros alternándose na Moncloa”, indicou. “O AVE ía chegar no 2009, no 2012, no 2016, no 2018, no 2019..., estamos no 2021 e aínda hoxe os galegos e as galegas non poden viaxar en alta velocidade, mentres outros territorios levan 25 anos desfrutando desta infraestrutura, aquí levamos 25 anos soportando mentiras, enganos e incumprimentos. Espero que, por fin, se peche esa discriminación”, indicou a líder do Bloque, pronunciándose nun asunto que se colou no debate dos orzamentos para 2022.  

Por contra, argumentou, en paralelo a este agravio, os gobernos centrais de PP e PSOE si avanzou no “desmantelamento” do tren ao longo e ancho de toda Galiza, de tal xeito que, fora do eixo atlántico, é case imposible moverse por tren no interior de País, mesmo con capitais de provincia, como Lugo, que non ten conexión directa con Santiago. E que dicir da case imposibilidade de viaxar en tren desde vilas intermedias, -como Verín, O Carballiño, Sarria, Monforte, etc-, ou mesmo para comunicarse entre núcleos urbanos que forma parte da mesma comarca, como  Ferrol e A Coruña.  

O que debería ser un dos transporte de futuro, nun momento de aposta por unha transición enerxética e unha mobilidade verde, “aquí se encargan de desmantelalo e cada vez hai menos trens, máis vellos, con menos horarios e máis caros. Expulsan aos galegos e as galega do uso do tren en pleno século XXI”, denunciou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias