CERCEDA | Unha
delegación de técnicos de Israel visitou esta mañá a planta de
transferencia de residuos de Santiago de Compostela, así como o Complexo
Medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña), vertedoiro de residuos
non perigosos de Areosa e planta de compostaxe, e fíxoo no marco dun
programa europeo de irmandamento Twinning que lidera España, xunto con
Reino Unido, a través da Comunidade Autónoma de Galicia.
O
grupo estivo acompañado polo RTA do proxecto, de Irlanda do Norte, a
subdirectora xeral de Residuos da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, Mónica Pérez Medina, e o xefe de Control Técnico e
Económico, Calidade e Medio Ambiente de Sogama, Pedro Alcázar. Este
último foi o encargado de explicar a actividade industrial da empresa
pública e de guiar o percorrido realizado polas distintas instalacións a
fin de que os integrantes da delegación tivesen a oportunidade de
coñecelas in situ e tomar nota das fases polas que discorre a xestión e o
tratamento dos residuos urbanos producidos polos 295 concellos
adheridos a esta entidade pública.
Coa
ampliación do Complexo cercedense, que actualmente conta con capacidade
para 1 millón de toneladas, o depósito de residuos en vertedoiro
descendeu de forma exponencial, sendo relegado a acoller aqueles
refugallos que non poden ser reciclados nin valorizados enerxeticamente,
tal e como se establece na xerarquía promulgada pola Unión Europea.
A
visita á infraestrutura industrial de Sogama forma parte dun amplo
programa de estudos incluído no Twinning que nos ocupa coa pretensión de
establecer en Israel un regulamento marco, a asistencia na
implementación dunha estratexia nacional e o fortalecemento da
capacidade institucional no campo da xestión de residuos.
Programa Twinning
Trátase
dunha iniciativa da Unioìn Europea que ten por obxecto estreitar lazos e
aproveitar as sinerxías entre os paiìses do territorio europeo e
limítrofes. Neste caso, Israel quere reforzar as súas capacidades para a
aplicación dunha lexislación de residuos conforme aos estándares
europeos. As
institucións que participan no irmandamento son a Dirección Xeral de
Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climaìtico, encargada de
dirixir o proxecto, xunto coas súas homólogas de Reino Unido, así como
a Fundacioìn Internacional e para Iberoamérica de Administracioìn e
Poliìticas Puìblicas (FIIAPP), dependente do Ministerio de Asuntos
Exteriores. Departamento de comunicación