El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón tira de hemeroteca e retrata a un Feijóo que "busca culpables"

10-12-2021 14:52:22
Ana Pontón, portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, botou man da hemeroteca para retratar a un presidente da Xunta que, incapaz de aportar solucións aos grandes problemas de Galicia, busca culpables, nun exercicio de escapismo político inútil para o País. A través da lectura de unha vintena de titulares, -“aínda que podería seguir durante horas” alegou-, a líder do Bloque demostrou que  “culpar” é o verbo que máis conxuga Feijóo para botar balóns fora.  

“A iso se reduce a súa acción de goberno, a buscar culpables porque é incapaz de dar solucións e, por iso, estende o seu dedo acusador e culpa á cidadanía, á mocidade, ás empresas, á crise, a Portugal, a Catalunya, ao BNG e, como agora non goberna o PP, tamén ten Moncloa de comodín”, denunciou na sesión de control. “A súa é unha maneira inútil de afrontar os problemas do País”, sentenciou.  

“Onde está a súa solución para ALCOA, onde as súas propostas para os produtores ante os baixos prezos, onde están as axudas ou para cando una mesa na que sente aos gandeiros, a industria e as grandes superficies; onde están os seus plans para darlle futuro á mocidade, para reforzar a sanidade pública ou cando vai deixar de vetar unha tarifa eléctrica galega en lugar de seguir abrazado ao lobby eléctrico”, foron algúns dos asuntos que Pontón puxo sobre a mesa para demostrar a falta de alternativas do xefe do Executivo. “O único que lidera son as críticas”, sentenciou.  

E máis, a líder nacionalista ironizou sobre a “obsesión” do presidente do PP co Bloque, advertíndolle que por moitas campañas que lance non vai impedir o avance do BNG. “Deixe de hiperventilar co BNG e póñase a gobernar”, demandou a portavoz nacional, tras reclamarlle a Feixóo que se tome Galiza en serio, e iso pasar por gobernar “en lugar de vir ao Parlamento a difamar ao BNG e a súa portavoz”.  

A líder nacionalista tamén lle reprochou a Feijóo que pretenda presumir dun balance que é nefasto para Galicia. “Campión de que?, interpelou, 14.000 empregos perdidos na industria, case 17.000 no sector agrario, 200.000 mozos e mozas que tiveron que coller as maletas e di que todo vai ben. Deixe de pisar moqueta e pise a realidade dos galegos e das galegas que están pasando por un momento moi complicado”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias