El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CORREDOR ATLÁNTICO

Ana Miranda critica que a Comisión Europea non garanta a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico antes de 2040

16-12-2021 16:06:27
Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, critica os “cantos de serea” da Comisión Europea e o goberno galego a respecto da inclusión de Galicia no Corredor Atlántico, en tanto que o prazo barallado neste momento alóngase até o 2040. “Levamos anos escoitando que Galiza vai ser incluída no Corredor Atlántico, pero a realidade é que os anuncios non están seguidos de investimentos”, denuncia Miranda.

Ana Miranda lembra que até hai meses as previsións da UE apuntaban que no horizonte do 2030 os diferentes corredores deberían estar dotados con todos os servizos e infraestruturas, “pero agora xa falan de 2040 como a mellor das opcións”. Ao seu xuízo, “a falta de vontade política de PP e PSOE nos sucesivos gobernos do Estado para acometer a modernización da liña Vigo-Porto impide que Galiza deixe de estar discriminada, xa que decidiron investir noutros territorios en detrimento de Galiza, o cal só provoca un retraso continuado das datas”.  

“Non podemos esquecer ademais que as propostas que fai a Comisión Europea teñen o seu percorrido na Eurocámara, onde teñen que ser debatidas e votadas”, explica a portavoz do BNG en Europa, quen lembra que a defensa da inclusión de Galiza no Corredor Atlántico é unha demanda histórica do Bloque nas distintas institucións.

Así, para o BNG é prioritaria a mellora das conexións con Portugal coa construción da saída sur de Vigo, “pero que aínda está en fase de estudo”, apunta Miranda. Ademais, o Bloque defende a intermodalidade do corredor ferroviario europeo mediante as conexións ferroviarias dos portos da fachada atlántica e coas principais plataformas loxísticas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias