A CORUÑA | O delegado do Goberno, José Miñones, celebra o acordo maioritario dos traballadores de Alcoa para traballar no futuro da pranta de San Cibrao. José Miñones valorou así, esta mañá, o respaldo dado polo persoal de Alcoa á sinatura do acordo negociado coa empresa.
José Miñones anunciou que a Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, viaxará mañá, xoves, a Galicia para reforzar o compromiso do Goberno co futuro de Alcoa e a comarca da Mariña. “Un compromiso co emprego e a actividade industrial desta comarca lucense que sempre mantivo o Goberno”, destacou o delegado, quen agradeceu expresamente a total implicación da Ministra de Industria, Comercio e Turismo e as súas numerosas xestións para salvar os postos de traballo e a continuidade da empresa en San Cibrao.
Miñones indicou que a ratificación do acordo pola plantilla de Alcoa “é a liña que nos permite seguir traballando polo futuro da Mariña” e adiantou que “desde o Goberno manterémonos atentos ao cumprimento das garantías do acordo”. Departamento de comunicación