El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Valentín Formoso pide o apoio da ministra Teresa Ribera "para facer de Galicia unha referencia na producción de hidróxeno verde"

13-01-2022 18:07:13
Valentín González Formoso e Teresa Ribera.

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, pediu hoxe a colaboración da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, “para facer de Galicia unha referencia na producción de hidróxeno verde”, aproveitando “o gran potencial renovable” da comunidade, no que as enerxías renovables como son predominantes.  

Valentín González Formoso e Teresa Ribera reuníronse hoxe na sede da Deputación da Coruña, onde falaron sobre a “oportunidade de futuro” que a extensión do hidróxeno verde como fonte de enerxía suporá para reducir a factura enerxética das empresas e as familias galegas. Teresa Ribera, que hoxe presentou tamén o PERTE de Enerxías Renovables do Goberno, agradeceu o enorme interese desde o sector en Galicia, que presentou 195 propostas ás distintas liñas lanzadas polo Ministerio, con proxectos vinculados a un investimento superior aos 23.500 millóns, entre eles 35 de hiróxeno renovable, con 700 millóns de euros.
 
Formoso abordou tamén coa ministra a necesidade de que os Fondos de Transición se dediquen a paliar os efectos da descarbonización nas zonas espcialmente afectadas en Galicia, dando prioridade aos colectivos máis afectados, coma os traballadores do transporte e das empresas auxiliares, así como na súa incorporación aos novos proxectos que se creen tanto nas Pontes como en Meirama.
 
Outro dos asuntos abordados na reunión de hoxe foi a Lei de Costas e a súa posible afectación ao sector conserveiro. “O Ministerio é consciente e coñece moi ben a importancia estratéxica do sector en Galicia e dá todas as garantías de que o regulanento non vai afectar ás instalacións produtivas actuais”, afirmou González Formoso, que sostuvo que “é importante que se priorice o emprego na aplicación do regulamento, que afecta a 26.000 familias en Galicia, maioritariamente emprego feminino”. 


Implicación de todos para buscar solucións a ENCE  

Finalmente, Formoso e Ribera falaron sobre a situación actual de ENCE. Formoso remarcou a importancia de que Galicia, unha potencia tamén na producción forestal, non quede sen transformación da madeira e reclamou “sensibilidade cos traballadores e traballoras da planta” e “implicación de todas as partes: Goberno, Xunta de Galicia e a propia empresa” na búsqueda de solución. “A solución debe conxugar as garantías laborais para os traballadores, o mantemento do sector forestal e da transformación en Galicia e a protección do medio ambiente, polo que require da implicación de todas as administracións”, afirmou.
 

Inicio das obras de dragado da ría do Burgo  

Valentín González Formoso, participou hoxe tamén no Concello de Culleredo no acto institucional que dá inicio ás obras executadas polo Goberno do Estado de dragado da Ría do Burgo, unha demanda histórica.

No acto, ademáis da vicepresidenta Terceira e ministra para la Transición Ecolóxica y el Reto Demográfico, Teresa Ribera; estiveron o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; á conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de Cullleredo, José Ramón Rioboo; o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil.

Este é un proxecto innovador, multidisciplinar e participativo, xa que foron moitas as administracións que emitiron informes con solucións que se recollen no texto. A actuación, que dará comezo en 10 días, realizarase por sectores. A xestión de cada un destes sectores é diferente segundo o grao de contaminación.

O obxectivo principal da obra é o de retirar o material contaminado que se foi acumulando en forma de sedimentos na ría pero, grazas a estes traballos, tamén se conseguirán outros logros beneficiosos para a cidadanía como pode ser a creación de novos espazos verdes públicos ou o remate do paseo para unir a zona de Cambre e Oleiros.

Teresa Ribera agradeceu a “colaboración y el buen hacer de todas las instituciones” e explicou que esta “esta operación de ingeniería puede ser el proyecto más ambicioso, complejo e innovador que realizamos desde el Ministerio”. A ministra confía en que “marque un antes y un después” pero “para eso, tendremos que trabajar con total transparencia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias