El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso reclámalle a Feijóo que "supere a excepcionalidade" na xestión sanitaria

29-01-2022 17:07:33
Valentín González Formoso (c).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe a Feijóo que “saia da situación excepcional e comece a planificar” a xestión sanitaria que non fixo máis alá de “anos de recortes”. Así o dixo logo dun encontro en Santiago con representantes dos principais colectivos sanitarios de Galicia.

O líder dos socialistas galegos sinalou que a pandemia puxo en evidencia os “defectos do sistema” logo da redución de persoal e recursos por parte dos gobernos do PP. Reclamoulle ao goberno galego que tome medidas para aliviar a situación provocada pola pandemia, máis alá de “fiar todo á carta da atención telefónica”, que está a xerar tensións na atención sanitaria.

Alertou da situación de centros de atención primaria nos que o goberno galego segue sen cubrir as baixas de persoal e unha redución xeral de recursos que provocou por primeira vez listas de espera “inasumibles” mesmo para recabar a diagnose médica en Atención Primaria.

González Formoso reivindicou a mellora de condicións laborais dos profesionais sanitarios como vía imprescindible para mellorar a calidade do sistema, que precisa de “plantillas motivadas” e con incentivos para superar a “desmoralización” xeneralizada no sistema. Apuntou neste sentido á “necesidade imperiosa da desburocratización de colectivos médicos”, para garantir a máxima eficiencia no seu labor profesional.



Falla de persoal

O responsable socialista apuntou á grave falla de persoal no sistema sanitario, que “está a pagar a cicatería dos gobernos do PP para incorporar talento médico no sistema”, tanto ao reducir as taxas de reposición de persoal ao máximo como renunciando a incorporar os MIR habilitados polo goberno central.

Lembrou que o goberno de Rajoy reduciu a taxa de reposición ao 10 por cento, permitindo contratar tan só a un de cada 10 médicos que se xubilaban, e que foi o goberno presidido por Pedro Sánchez o que aumentou a taxa ata o 120 por cento. O mesmo goberno, dixo, que ten convocado o segundo MIR consecutivo máis elevado da historia.

Malia que o Executivo abriu a posibilidade de incorporar novos profesionais médicos á sanidade pública, lembrou que o goberno de Feijóo deixou de contratar 150 especialistas que tiña permitidos nas últimas dúas convocatorias. Formoso mantivo hoxe un encontro cos principais colectivos sanitarios de Galicia, no que participaron as seccións de sanidade dos sindicatos CCOO e UGT, Satse, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, o Movemento Galego de Saúde, o Movemento dos PACs, Enfermeiras en Loita ou CESM, así como o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Por parte dos socialistas galegos participaron, ademais de González Formoso, o secretario de Sanidade da CENG, José Ramón García, os portavoces de Sanidade no Parlamento de Galicia e no Congreso, Julio Torrado e Ana Prieto, e o presidente da Comisión de Sanidade do Senado, o senador galego Modesto Pose. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias