El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

CASO BENIDORM FEST

A Mesa denuncia "o desprezo" de RTVE ao galego

31-01-2022 17:23:06
O grupo galego Tanxugueiras.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A Mesa pola Normalización afirma que a presunta manipulación do Benidorm Fest que denuncian a maior parte dos medios de comunicación do Estado e que deu como resultado a polémica derrota do grupo galego Tanxugueiras non é un caso illado na política lingüística e cultural de RTVE, senón unha mostra máis do "desprezo" que amosa o ente público polo galego.

"Hai 31 anos que RTVE pechou a súa emisora de radio en galego", recorda o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "e só emite en galego 39 minutos dun total de 120 horas, o que supón o 0,5% dos seus contidos diarios e o 0% dos contidos infantís e xuvenís”. "E aínda recentemente se permitiron emitir tentativas de parodias co galego", denuncia, "pagadas co noso diñeiro”. "Galiza e o galego non existen para RTVE", abunda Maceira, "de aí a reacción ao éxito dunha música e dun grupo capaz de chegar a todo o público sen apoio e mesmo contra o criterio excluínte da cadea pública".

O presidente da Mesa afirma que xa se dirixiu á dirección estatal de TVE até en tres ocasións solicitando unha entrevista coa dirección para lle presentar a reinvidicación de máis horas en galego e presenza dobrada e lexendada en toda a programación, sen obter resposta ningunha. Mesmo, a pesar dun acordo unánime do Parlamento galego relativo ao galego en RTVE, a canle non só non mudou de actitude senón que a intensificou, como demostra o acontecido en Benidorm.

“Esta actitude contrasta coa dirección galega e co persoal de RTVE en Galiza”, recoñece Maceira, “cuxo compromiso coa lingua galega está fóra de toda dúbida”. “Queremos galego na televisión que pagamos”, remata o presidente da Mesa, que anuncia que se están a preparar concentracións de denuncia nas cidades galegas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias