BURELA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe
que a cidadanía está “estupefacta” de que o goberno galego critique a
reforma laboral “que supón un avance claro nos dereitos dos
traballadores e da traballadoras”. Subliñou dende Burela que “non
entendemos como poden non alegrarse e non apoiala”.
O
líder dos socialistas galegos apuntou que o avance de onte “debera ser
aplaudido por todo o mundo”, mentres o PP opta por “votar no Congreso en
contra” dunha norma que “supón menos precariedade e menos temporalidade
para os traballadores e as traballadoras de Galicia”. Engadiu que “a lo
mellor non son todos os avances aos que aspiramos, pero en todo caso
trátase dun avance”.
Salientou que “sobre todo, por canto
recupera unha senda de diálogo social entre os axentes que representan a
todo o tecido produtivo galego e español”. Apuntou ao acordo entre
“grandes, medianos e pequenos empresarios, e tamén os traballadores e traballadoras, a través das súas organizacións representativas, tanto empresariais como sindicais”. Departamento de comunicación