El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | SECTOR NAVAL

O BNG e CIG-Industria reclaman coeficientes reductores na xubilación do naval

14-02-2022 16:20:15

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto cunha delegación nutrida de representantes da organización nacionalista na comarca de Ferrol, mantén un encontro con representantes da CIG do sector naval de Vigo e Ferrol para a posta en común de iniciativas reclamando a aplicación de coeficientes redutores na idade de xubilación para este sector.

A reunión contou coa presenza, ademais do deputado do BNG no Congreso, do deputado no Parlamento de Galiza, Mon Fernández; o alcalde do Concello de Fene, Juventino Trigo, e a voceira do BNG en Fene, Sandra Permuy; o voceiro no Concello de Ferrol, Iván Rivas; e a responsábel comarcal da organización frentista, Mercedes Tobío. Por parte da Confederación Intersindical Galega (CIG), entre os distintos representantes das traballadores e traballadoras do sector naval, estiveron presentes o secretario comarcal da CIG Ferrolterra, Manuel Grandal, e o Secretario Nacional da CIG-Industria, Xosé Manuel Bouzas.

No marco desta reunión entre a frente sindical e a organización nacionalista sobre a aplicación de coeficientes redutores na idade de xubilación deste sector, o deputado do BNG no Congreso comprometeuse a trasladar estas reclamacións a través de iniciativas na cámara baixa, posto que é unha competencia de ámbito estatal a través do Ministerio de Seguranza Social, Inclusión e Migracións.

“Parécenos de xustiza esta reclamación e asumimos como propia a demanda de aplicar coeficientes redutores para as traballadoras do sector naval polas condición de traballo que posúen: toxicidade, perigosidade, penosidade e mesmo elevado índice de sinistralidade” reivindica o deputado nacionalista. Avanza iniciativas no Parlamento de Galiza para que haxa un apoio explícito aos traballadores e traballadoras do sector.

Rego entende que o auto denominado goberno máis progresista da historia “vai na dirección equivocada mais iso non nos vai frear para defender o que entendemos que é razoábel”. Este sector posúe condicións de traballo similares a outro tipo de traballos que “xa teñen aplicados este tipo de coeficientes redutores”.

“En vez de tender a reducir a idade de xubilación, o executivo do Estado acaba de aprobar unha reforma que consolida os elementos máis regresivos para os traballadores e traballadoras” recrimina Rego. Entre eles, o aumento da idade de xubilación aos 67 anos e o período de cómputo de 15 a 25 anos. “O peor é que engaden a incentivación da xubilación demorada, é dicir, continuar traballando até os 70 anos ou ameazan cun novo aumento do período de cómputo mesmo até 35 anos” denuncia o deputado nacionalista.


Sector naval como sector estratéxico para Galicia 

Ambas organizacións entenden que existe a posibilidade de reverter a perda de dereitos e o empeoramento das condicións de laborais das traballadoras e traballadores dun sector estratéxico para o desenvolvemento social e económico da Galiza. “Non é asumíbel seguir aumentando a vida laboral destes traballadores e retrasar aínda máis a idade de xubilación cando polas súas condicións de traballo deberían de verse reducidas” subliña o Secretario Nacional da CIG-Industria, Xosé Manuel Bouzas. “A idade de xubilación para este sector debería ser anticipada, a partir de 60-61 anos, e non 65-67 como quere estabelecer o Goberno do Estado” incide.

Bouzas lembrou que a central sindical comezou esta campaña en 2018. E a falta de vontade do Ministerio quedou patente cando tardou máis de oito meses en trasladarlles unha resposta ao escrito no que reclamaban o recoñecemento de coeficientes e sinalaban a necesidade de mellorar as condicións laborais do sector. Mais na resposta, o Ministerio de Seguranza Social, négase a comezar o procedemento e mesmo non recoñece a CIG como “entidade lexitimada para facer esa petición” a pesar de ser o sindicato máis representativo. “Non só por ser a primeira forza sindical da Galiza e contar como sindicato máis representativo a nivel do Estado” enfatiza o Secretario. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias