SANTIAGO DE COMPOSTELA | A
viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil anunciou os asuntos
sobre os que o BNG centrará a vindeira sesión plenaria, entre os que destacou,
a defensa dun modelo alternativo ao modelo de residencias do PP, unha
proposición non de lei sobre os abusos sexuais a menores na Igrexa católica na
que pediremos, dixo, que “Feijóo pare e
deixe de facer o ridículo e se poña ao lado das vítimas”, e intepelaremos ao
goberno sobre o Plan de Transporte público e a atención presencial nos bancos e
contra a exclusión financeira das persoas maiores.
Na sesión de control, explicou
Rodil, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Feijóo se vai continuar co
“modelo privatizado das residencias” e drenando con cartos públicos ás
entidades privadas, con máis de 100M€ ao ano. Neste sentido, avanzou que o BNG
defenderá un modelo alternativo de residencias e coidados poñendo no centro ás
persoas e non o negocio da vellez.
Outro
dos temas da orde do
día da vindeira sesión plenaria, decidido tras a Xunta de portavoces,
será a
proposición non de lei sobre os “abusos sexuais na Igrexa católica”.
Pediremos
o “apoio explícito ás vítimas e a condena rotunda destes feitos”. No
Estado
español aínda non foron investigados e grazas a traballos xornalísticos
e denuncias públicas, o Congreso e a Fiscalía comeza a pronunciarse.
Desde o BNG, indicou a nacionalista instaremos á “Xunta de Galiza a
apoiar e
colaborar na investigación no ámbito da Igrexa, da Xustiza e
institucións
públicas e dar soporte e apoio ás vítimas” no proceso de denuncia e
recuperación dos danos e secuelas causados por eses abusos sexuais. “Que
saibamos foron 1.271 vítimas” no Estado español e volvemos a pedir ao
Presidente da Xunta que “pare e deixe de facer o ridículo e se poña do
lado das
vítimas se ten algo de conciencia”:
No Pleno tamén
interpelaremos ao goberno sobre a atención presencial dos bancos e fronte os
abusos bancarios, así como o peche incesante de oficinas e caixeiros que están
a crear graves prexuízos sobre todo para as persoas maiores que non teñen
posibilidades de traballar coa banda dixital e no medio rural
Por outra parte, o BNG
aproveitará a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e mobilidade,
Ethel Vázquez, para explicar o Plan de transportes da Xunta de Galiza. Dende o
BNG, lembrou a deputada, solicitamos en varias ocasións esta comparecencia tras
as denuncias sobre as irregularidades
nas liñas e servizos de autobús.
Ademais, as pequenas e medianas empresas foron excluídas do Plan para favorecer
a “tres grandes grupos empresariais” que están a operar cun réxime de
oligopolio e incumprindo os pregos dos contratos. “Dende o BNG poremos sobre a
mesa a supresión de liñas, horarios, modificacións e cambios da Xunta de Galiza
en conivencia con estes grandes grupos empresariais”. Esta situación, engadiu a nacionalista, está a
prexudicar gravemente ás comarcas e poboación galega porque o transporte é
esencial para vertebrar o país e “levamos unha década de decisións erráticas”
como ven de constatar a sentenza do TSXG anulando as “prórrogas ilegais”
asinadas polo Partido popular nos últimos anos. Departamento de comunicación