SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas, gardou
un minuto de silencio pola traxedia do Villa
de Pitanxo,
para trasladar a solidariedade e o afecto a todas as familias
afectadas, “acompañalas na súa dor e collelas da man nun momento
tan difícil e tan duro”, en palabras da portavoz nacional, Ana
Pontón.
“Son
momentos para estar ao seu carón”,
destacou, tras reiterar a petición de que sigan os labores de busca
“porque sabemos o
importante que é poder despedirse dos seres queridos e o imporante
de que as familias saiban que se fixo todo o posible, para que, cando
menos, teñan ese consolo”.
O
actual momento económico marcado por unha inflación disparada e os
seus efectos nas economías domésticas e nas PEMES, a crise do PP en
plena guerra interna e as eleccións de municipais de 2023 foron os
tres asuntos que acapararon o debate no Consello Nacional.
En
relación á primeira cuestión, Pontón destacou que o BNG “vai
seguir traballando para mellorar a vida das persoas, con propostas e
ideas para sacar Galiza adiante, ocupándonos dos temas que preocupan
á cidadanía e dando alternativas”, recalcou, “porque o BNG é a
alternativa para unha Galiza con futuro fronte ao PP de Feixóo que
sigue ancorado na corrupción e agora en plena guerra interna”. De
feito, a líder nacionalista salientou a necesidade de confiar “nas
nosas propias forzas, en mirar máis cara nós, confiar no noso
potencial como País”, máxime ante a evidencia de que “os
desoladores aires que sopran desde a capital do Estado non van traer
ningunha solución os problemas dos galegos e das galegas”.
Por
un lado, -indicou-, un goberno que se declara progresista, pero que é
incapaz de cumprir as súas promesas, como a derrogación da reforma
laboral “causando a lóxica decepción e frustración”. Por
outro, unha dereita representada no PP “deixando claro que a
corrupción non se conxuga en pasado, senón en presente, que a
corrupción segue como sinal de identidade dun Partido Popular cuxa
realidade supera calquera ficción”, ao
tempo que
cualificou de inmoral que o PP non deixe
de facer negocio privado con cartos públicos nin durante a pandemia.
“É
inaudito,
indecente, inmoral, imperdoable”, sentenciou
“A
conclusión é evidente: o PP non persegue a corrupción senón que a
usa nas súas loitas internas de poder, e nese espectáculo vemos a
Feixóo que en vez de reclamar que a fiscalía investigue, pide que
os trapos sucios do PP se laven na casa, que se corra un tupido velo
e que as diferencias se arranxen de portas para adentro. E aínda hai
quen pensa que é a persoa capaz de rexenerar o PP. Terá tempo de
demostrar que se equivocan, se esta vez logra vencer o medo ós
dossieres”,
ironizou.
Mentres
o presidente da Xunta “da consellos de como apagar o incendio de
Génova 13 para evitar que o PP saía calcinado polo lume da
corrupción e as loitas internas”, destacou, “os problema de
Galiza non deixan de medrar”. Medra, subliñou, a crise
demográfica, a emigración da xente moza por falta de oportunidades,
a crise industrial nun sector que perdeu 14.700 empregos, medra o
déficit en ciencia e investigación cunha caída do investimento en
I+D+i, ou a perda de postos de traballo no sector primario, 23.000 no
agro e na pesca, e medra a preocupación da cidadanía ante a
escalada de prezos.
“O
último dato de IPC di que a vida subiu máis en Galiza que no resto
do Estado, pero temos as segundas pensións máis baixas e os
salarios tamén están á cola”, advertiu, e os gobernos teñen que
actuar “para evitar que se incrementen as desigualdades”. En
relación á estafa da luz, Pontón puxo sobre a mesa dúas
propostas: a tarifa eléctrica galega e un cambio na lexislación que
poña fin os chamados “beneficios caídos do ceo” do lobby
eléctrico, mentres medra a pobreza enerxética e se perden miles de
empregos pola factura da luz. Tamén pediu baixar o IVE dos alimentos
e dos carburantes e a Feixóo que recupere a política social de
vivenda que liquidou cando chegou ao Goberno.
Neste
contexto, recalcou Pontón, “é evidente que nin Feixóo nin o PP
son a solución senón parte esencial do problema e que a alternativa
esta nun BNG que non se desvía un milímetro da liña marcada:
traballo serio e con propostas en positivo a favor de Galiza,
honestidade, política con maiúsculas e seguir ampliando a nosa base
social”.
Aumentar nas vilas e cidades
“Temos
que coidar e ampliar a nosa casa e poñernos desde xa a traballar nun
reto clave: preparar as eleccións municipais para aumentar a nosa
presenza nas vilas e cidades de todo o País. O reto inmediato é
avanzar
nas eleccións municipais, e para iso temos que enfrontalas coa
convicción de que os nosos proxectos municipais poden chegar á
maioría social”, salientou.
Pontón
destacou que a “mellor fortaleza” para conseguir ese avance está
precisamente nos gobernos municipais do BNG, “exemplos de que é
posible transformar en positivo e mellorar a vida da xente, concellos
con dinamismo social, económico e cultural, concellos sustentables
para preservar o medio ambiente para as xeracións que están por
vir. En definitiva concellos de futuro nos que vivir e traballar, que
se teñen convertido en exemplos de bo facer, de xestión eficaz e
honesta, onde cada euro conta, e cada euro se gasta pensando no ben
común”, explicou.
“Eses
concellos son a nosa mellor carta de presentación para pedir o apoio
da cidadanía. Hoxe somos a segunda forza política, pero non é
suficiente para cambiar o País, abrir un tempo novo e poñer en
marcha a Galiza en grande que nos merecemos, hai que seguir sumando e
as municipais son a primeira oportunidade para facelo. A iso quedamos
todos e todas emprazadas desde xa: a traballar con todo o talento,
intelixencia e humildade e coa man tendida a todos os galegos e
galegas que queren camiñar con orgullo do propio e
que ven no BNG á esperanza dun futuro mellor”,
concluíu. Departamento de comunicación