El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO NAVANTIA

José Miñones: "A implicación do Goberno coas instalacións e os proxectos de futuro para Navantia en Fene e Ferrol é absoluta"

02-03-2022 16:12:36

A CORUÑA | O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes sindicais de Navantia. Durante o encontro, abordaron as necesidades de futuro dos astaleiros para potenciar a súa actividade industrial e garantir o emprego nas súas instalacións de Ferrolterra. José Miñones trasladou o compromiso do Goberno de España con Navantia Fene, con investimentos históricos xa previstos nos Presupostos Xerais do Estado. 

O delegado manifestou que “a implicación do Goberno de España  coas instalacións e proxectos de futuro para Navantia en Fene e Ferrol é absoluta”, e comprometeuse a trasladar as demandas dos sindicatos ao Ministerio de Defensa e ao presidente de Navantia, Ricardo Domínguez. Na reunión coincidiron na necesidade da construción do dique cuberto que demandan os traballadores, unha solicitude que fará chegar aos responsables do Goberno e de Navantia, así como dun taller de subbloques que está previsto construír nunha parcela anexa, cun investimento de 100 millóns de euros xa comprometido nos orzamentos estatais deste ano.

José Miñones tamén afondou no compromiso do Goberno para contribuír a que os astaleiros galegos de Navantia poidan aproveitar ao máximo as oportunidades tanto na construción de buques como na eólica mariña.José Miñones destacou na reunión “o investimento histórico” para Ferrolterra que supón a inminente construción das fragatas F-110, con 4.300 millóns de euros que xerarán 7.000 empregos directos e indirectos ao longo da próxima década, o que se traduce nunhas 20 millóns de horas de traballo. É unha actuación que leva ademais aparellada a transformación tecnolóxica da compañía e que está previsto que comece a finais deste mes co inicio dos traballos de corte de chapa, pero que xa está a deixar moitos contratos e movemento económico na comarca.

O delegado remarcou tamén o compromiso sen precedentes do actual Goberno de España con Ferrolterra polo peche das centrais térmicas, con 111 millóns de euros xa aprobados para as comarcas afectadas en Galicia e outros 100 millóns de euros do Plan de Recuperación para toda España aos que poderán optar os concellos da zona, ademais de novas liñas que sairán para este proceso de transición enerxética. “O mellor Pacto de Estado para Ferrol é o que pon orzamentos e compromisos reais sobre a mesa”, trasladou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias