El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso, a Feijóo: "Suspenda a súa carreira electoral na que non ten contrincante político"

16-03-2022 15:46:43
Valentín González Formoso.

FERROL | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou ao presidente da Xunta a responder á súa petición de encontro e “sentarnos a falar para detectar e poñer en marcha tódolos mecanismos dos que dispón a Xunta” para activar un plan de axudas dirixido ao sectores castigados pola crise derivada da guerra de Ucraína.

O responsable socialista advertiu dende Ferrol que a súa petición de encontro “non tivo contestación” por parte do presidente da Xunta, a quen lle urxiu a “suspender a súa carreira electoral na que non ten contrincante político” interno. Considera máis importante “sentarnos a falar para preocuparnos da situación dos mariñeiros, dos agricultores ou dos transportistas”.

Formoso advertiu de que “necesitan dun presidente comprometido agora mesmo cun proxecto que se chame Galicia”, e que a cidadanía “ten que ter a percepción de que o goberno utilizar tódolos mecanismos de que dispón para aliviar a presión” dos prezos dos combustibles. Engadiu como exemplo os agricultores que necesitan de aprovisionamento de materias primas para forraxes.

Apuntou que a Xunta dispón de 13.000 millóns de euros de Orzamento e competencias propias “de sobra” como para “intentar aliviar a situación” e “axudar á poboación en xeral e aos sectores en particular”.

O responsable socialista sinalou como primeira medida a rebaixa “automática” das peaxes tanto autonómicas como estatais, e sinalou que a proposta socialista pasa por unha rebaixa do 50 por cento nas peaxes ao público e dun 75 por cento aos transportistas, que constitúe “unha das moitísimas propostas que temos en marcha”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias