El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

MONTEVIDEO

O BNG insta á Xunta a mediar para evitar que "A Santiña" sexa vendida nunha poxa e remate en mans privadas

06-04-2022 20:09:03
Ana Miranda, y Dani Castro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, e o deputado no Parlamento galego, Daniel Castro, instaron á Xunta que exerza un papel activo coa nova Casa de Galicia de Montevideo, -constituída onte co nome Casa de Galicia Centro Histórico Cultural-, para evitar que a escultura de Francisco Asorey “A Santiña” sexa vendida nunha poxa e remate en mans privadas e salvagardar todo o patrimonio cultural da institución. 

“Resulta indignante a indiferencia e total desinterese do goberno galego pola situación desta institución centenaria, creada cos aforros de emigrantes galegos, así como o pouco poder político da Secretaría de Emigración”, denuncia Ana Miranda, quen o 14 de marzo reuniuse en Montevideo con exmembros da Comisión de Cultura de Casa de Galicia, representantes dos máis de 45.000 socios e socias e representantes dos 3.000 traballadores e traballadoras. 

“Tamén é indignante a confirmación do Goberno da República Oriental do Uruguai de que o Goberno galego se negou a axudar nesta difícil situación, malia que llo pediron”, engade a coordinadora de Relacións Internacionais do Bloque, quen sinala que até que se desprazou a Montevideo “non se soubo nada do goberno galego”.

Daniel Castro, pola súa banda, salientou que “hai dos xeitos de actuar: a inacción do PP e o apoio do Bloque á diáspora, neste caso visualizado coa presenza de Ana Miranda en Uruguai”. Neste sentido, explicou que o BNG vén de presentar diversas iniciativas no Parlamento Galego, co obxectivo de que a Xunta de Galiza medie para acadar unha intervención urxente que salvagarde o patrimonio. “Se a Xunta non actúa para salvar o patrimonio da Gasa de Galicia de Uruguai quedará demostrado unha vez máis que para o PP a emigración só é un caladoiro de votos”, manifestou.  

O deputado nacionalista destacou que a Xunta ten que convocar de urxencia ás tres forzas políticas para mediar e salva o patrimonio desta institución e incluso valorar a posibilidade de que o Goberno galego merque a escultura de Asorey e o resto de bens da institución constituída en 1917.


Mantemento da cobertura sanitaria   

Máis alá do risco de perda do patrimonio cultural da Casa de Galicia, o Bloque tamén sente unha fonda preocupación pola situación sociosanitaria das socias e socios galegos co cese ambulatorio e o traslado e derivación de pacientes a outras entidades integradas no Sistema Nacional de Saúde de Uruguai. Neste sentido, Daniel Castro destacou que as iniciativas presentadas polo Bloque tamén instan ao goberno galego a facerse cargo da continuidade da cobertura sanitaria de aproximadamente cen socios e socias galegas de avanzada idade en situación de pobreza que non pagaban cota porque a propia Xunta de Galiza se facía cargo dese pagamento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias