PORTO DO SON | A
substitución institucional de Núñez Feijóo á fronte da
Presidencia da Xunta será "moi probablemente" previo ao congreso
extraordinario que o PP galego convocará "nos próximos días", aínda que a
idea é que ambos os procedementos queden resoltos no mes de maio.
Así o ratificou, en declaracións aos medios en Porto do Son, o propio
Feijóo, quen, a pesar de que o respaldo expreso verbalizado na pasada
xornada polo 'barón' provincial ourensán, Manuel Baltar, achanda o
camiño ao vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, para converterse en presidente galego e do PPdeG, evitou falar de nomes. Ler máis