AROUSA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, dirixiuse
hoxe a Feijóo e ao PPdeG para que “corten de raíz” o informe dos
expertos que asesoran ao actual presidente do PP que propón “volver
paralizar as regularizacións do sistema público de pensións”. Así o dixo
durante a visita a Arousa acompañado polo portavoz do PSOE no Congreso,
Héctor Gómez.
O líder dos socialistas galegos alertou de
que volver a desligar as pensións do índice do prezo da vida
“significaría atentar contra un colectivo que en Galicia sumou 700.000
persoas”. Con esta proposta o PP provocará que en 10 anos perdan entre o
20 e o 25 por cento das pensións dun sector que “o que necesitan é
tranquilidade e a protección do sistema”.
Advertiu de que
“non pode outra vez o PP insistir nunha medida” como é “apostar pola
infravaloración do sistema público de pensións tamén aquí en Galicia” e
que lles levou a “perder as eleccións xerais” nesta Comunidade Autónoma.
Sinalou que esta proposta “preocupa enormemente” aos socialistas
galegos polo que supón de agresión a un amplo sector “a protexer” pola
sociedade galega.
O portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez, tildou esta proposta de
“ocorrencia” e que, dixo, demostra que “a oposición liderada por Feijóo
non está á altura das circunstancias e carece de sentido de Estado”.
Apelou ao PP a “entrar na senda da cordura e abandone a liña de
recortes, axustes a maltrato ao conxunto da cidadanía” porque “non pode
ser que os máis vulnerables paguen sempre as situacións adversas”.
Reivindicou
“cordura e continuidade ao proxecto que está liderando o goberno de
España e que avalan o FMI e os organismos internacionais para o impulso
da actividade económica e da protección social”.
Explicou
que na visita de hoxe ten recibido de primeira man por parte de
Valentín González Formoso as “singularidades e os aspectos importantes
cos que se debe de comprometer o goberno de España para impulsar este
territorio e seguir avanzando”.
Arousa
Os dous responsables socialistas visitaron hoxe
Arousa xunto co secretario provincial do PSdeG, David Regades. Pola
mañá visitaron o proxecto Clean Energy for EU Islands, que se está a
desenvolver no Porto de Xufre, en A Illa de Arousa, logo de encontrarse co alcalde, Carlos Iglesias, e pola tarde manterán un encontro co alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela.
Formoso
explicou que a iniciativa de A Illa representa unha mostra da
incorporación de novas fórmulas enerxéticas que permitan “desfrutar
dunha enerxía que non emita, que supoña a redución de custes e que supón
garantía de subministro aos veciños e veciñas de A Illa e dos usuarios
dos servizos portuarios”.
Chamou a “subirse ao carro do
futuro, que significa apostar pola transición enerxética, apostar polo
planeta, en liña coa UE dentro dos máis importantes vectores da
estratexia comunitaria para os próximos 30 anos”. Departamento de comunicación