El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso: "A Cidade das TIC converterá á Coruña nunha referencia nacional en tecnoloxía e ciencia"

04-05-2022 15:00:37
Valentín González Formoso.

A CORUÑA | Valentín González Formoso asistiu hoxe ao inicio das obras na Cidade das TIC na Coruña. O presidente da Deputación destacou na súa intervención a aposta conxunta de todas as administracións implicadas para que o proxecto sexa unha realidade e se convirta en “referencia na tecnoloxía e na ciencia, que constitúen aquela parte da economía que da soporte a todas as demais”.  

Ademais de Formoso, no encontro estiveron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.  

González Formoso sinalou que se trata “dunha aposta visionaria de Julio Abalde que nos permite que este espazo teña unha vida, que continúe sendo un centro de producción laboral, neste caso tecnolóxico, adaptándose aos novos tempos, e que dea soporte aos sectores tradicionais da economía galega”.   

O presidente provincial agradeceu o compromiso do Goberno de España e do Ministerio de Defensa, “que tivo suficiente visión e compromiso coa cidade para que isto non sexa un espazo abandonado máis nun lugar neurálxico  e estratéxico”. Formoso tamén amosou o seu agradecemento a Francisco Conde “polo impulso económico a un proxecto motor da tecnoloxía en Galicia” e á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, por aproveitar unha oportunidade para que a cidade “ademais de ser referencia no ámbito loxístico mariño, na industria pesada, no coñecemento universitario e no tratamento sanitario, sexa referencia naquela parte da economia que da soporte a todas as demais, como é a tecnoloxía e a ciencia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias