OURENSE | O
Teatro Principal acolleu hoxe a presentación do Festival Nómada de
Cultura Africana Harmatán 2022, que estará en Ourense entre o día 24 e o
27 de
maio co apoio da Deputación. Na presentación estivo o vicepresidente
segundo da institución provincial, César Fernández; o coordinador do
proxecto, Alejandro Santos; o comisario artístico do proxecto, Hassane
K. Kouvaté -de xeito telemático- e a directora
do Teatro Principal, Olga Mojón.
Este festival permite, segundo sinalou César Fernández,
“abrir
o prisma da multiculturalidade
e reconciliarnos co mellor que ten o ser humano, sobre todo nestes
momentos no que aparece na cultura occidental o etnocentrismo”. Harmatán
permite pois, segundo o vicepresidente provincial,
“achegarnos a outras culturas, eliminando
a visión doutras culturas dende a perspectiva occidental, o cal, ademais de enriquecedor é educativo”.
A programación destaca, segundo Fernández,
non soamente polas actuacións artísticas -que inclúen espectáculos de
tres nacións diferentes: Burkina Faso, Malí e Senegal- senón tamén polo
debate que pechará o festival, o 27 de maio,
xa que o tema deste debate “mostra a
potencialidade da xuventude para transformar a sociedade, algo fundamental e que non debemos perder de vista”.
Hassane K. Kouvaté, comisario artístico do
festival e que participará no mencionado debate, explicou que o festival
está pensado coma un “punto de encontro”, buscando “a ruptura das
barreiras e fronteiras psicolóxicas e morais
existentes”. Para lograr este propósito, baseándose no folclore
tradicional, os artistas que participarán neste festival
“mostrarán a creación artística contemporánea,
dando unha imaxe da África moderna, da África en acción”.
Alejandro Santos afirmou durante o encontro
coa prensa desta mañá que a programación do festival segue a filosofía
de Felwine Sarr, escritor, músico e académico senegalés, que é “un home
fundamental no debate sobre o patrimonio
en todo o mundo. Deixemos de ver a África como un continente pobre e
sen esperanza xa que hai numerosas iniciativas que están cambiando as
cousas pouco a pouco”.
No Teatro Principal de Ourense, onde se
desenrolarán todas as actividades culturais programadas na cidade,
“Africa adoitará un papel protagonista. En Harmatán, os artistas falarán
de África por si mesmos, sen necesidade de intermediarios”,
sinalou Olga Mojón.
"Un corredor cultural", entre o 24 e o 27 de maio
O festival, que comezará o martes 24 e
rematará o venres 27 de maio, desenvolverase entre as cidades de
Albacete, Móstoles e Ourense, formando
“un corredor cultural” en palabras da
directora do Teatro Principal.
Entre as actividades programadas inclúese
unha actuación de danza a cargo de Seydou Boro (24 de maio, 20,00
horas); unha interpretación musical de Djely Tapa, presentando “Barokan”
(25 de maio, 20,00 horas); a obra de teatro “Traces”,
de Felwine Sarr (26 de maio, 20,00 horas) e unha mesa redonda con
Smockey -artista de hip hop e artífice do movemento cidadán
“Le Balai Citoyen”-
acompañado por Hassane K. Kouyaté, quenes tratarán o papel da xuventude
africana na protesta artística e como esta pode producir un cambio
político. Será o venres 27 de maio, as 19,00 horas. Departamento de comunicación