A CORUÑA | O presidente da Deputación da
Coruña, Valentín González Formoso, protagonizou hoxe o almorzo informativo
do foro “Horizonte do sector: afrontando novos retos” organizado pola Asociación
Provincial de Empresarios da Construción (Apecco).
No
encontro, Formoso destacou “o investimento histórico” da administración
provincial en obra pública, con 3.500 obras aprobadas no último lustro, que fan
da Deputación o maior axente inversor da provincia.
Aínda,
así dixo ser consciente da difícil situación que atravesa “un sector estratéxico, que representa o 6,5 % do
PIB galego e sostén preto de 78.000 empregos” debido á alza de prezos de
combustibles e materiais de construción, como consecuencia da pandemia e da
guerra de Ucraína, que propiciou incrementos de entorno ao 30% na custe das
obras.
Para
axudar a solventar este problema, Formoso anunciou que a Deputación “acordará
este mes permitir que os municipios da provincia podan destinar ata 42 millóns
de euros dos fondos do Plan Único para dedicalos a esa obriga legal de
actualizar os prezos das obras públicas en licitación ou adxudicadas desde o
2021 ao 2023”.
Ademáis,
segundo indicou Formoso, a Deputación da Coruña tamén habilitará unha partida
económica para as obras propias, como as
da rede provincial de estradas, todo elo “co obxectivo de evitar que a escalada
de prezos acabe paralizando as obras públicas e afectando ao emprego e a
recuperación económica”.
“O
sector da construción está chamado a ter un papel protagonista no proceso de
recuperación no que nos atopamos inmersos”, apuntou o presidente, que
considerou que “é a nosa responsabilidade como administración pública traballa
para buscar solucións a esta problemática”.
Apecco
O
presidente de Apecco, Diego Vázquez Reino, agradeceu e a amosou a satisfacción
ante a medida anunciada por Formoso. “Que haxa este compromiso por parte da
Deputación é unha moi boa nova para os compañeiros do sector”. Vázquez subliñou
que “medidas coma esta van ser pioneiras”, indicando que non veu outra parecida
a esta na administración local.
Durante
o coloquio, o presidente agradeceu á directiva de Apecco “que teña a
sensibilidade e estea en contacto permanente con nós para informarnos de como
está o sector”.
Un investimento histórico que
permitiu aprobar 3.500 obras en cinco anos
A
Deputación da Coruña consolídase como motor económico da provincia cun
investimento de case 100 millóns de euros anuais a través do Plan Único, o
maior plan de obras das catro deputacións galegas e un dos máis importantes a
nivel nacional.
Formoso
lembrou que, cando chegou ao Goberno, o plan de obras da Deputación era de 24,5
millóns anuais, unha cifra que se multiplicou por catro coa creación do Plan
Único, no que a Deputación coruñesa foi pioneira.
A
través deste lévanse a cabo obras e
servizos que melloran o benestar social da poboación dos 93 concellos que
conforman a provincia coruñesa. Un orzamento que tamén contribúe a reactivar a
economía e a xerar emprego.
Nos
últimos cinco anos, o Plan Único ermitiu a execución de 3.047 obras, mentres
que foron 400 as actuacións realizadas
ao longo dos 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas. Un esforzo inversor
sen precendetes que se reforzou durante a pandemia e continúa hoxe en día 54
novas obras activas en fase de contratación e 20 máis previstas para os
próximos meses por unha contía global de 31 millóns de euros.
Fondos Next Generation
Formoso
subliñou tamén a “oportunidade histórica” dos fondos Next generation para a
recuperación da economía. O presidente
lembrou que Galicia recibirá 230 millóns de euros para executar actuacións en
rehabilitación de vivendas en barrios a través dos fondos Next Generation.
Sendo consciente da importancia destas achegas, o goberno provincial convértese
na primeira administración galega en crear unha oficina dedicada á súa
captación e xestión.
A
oficina Next Deputación, situada no Concello da Capela, dá apoio técnico aos
concellos na captación e xestión dos fondos. Unha proposta especialmente importante
nos pequenos municipios, que contan con menos recursos técnicos, económicos e
humanos, e que polo tanto teñen máis dificultades para presentarse ás convocatorias.
A
ubicación da oficina é estratéxica na provincia e busca o desenvolvemento do
rural, non sendo habitual que centros destas características se sitúen fóra das
grandes cidades ou das súas áreas. Departamento de comunicación