El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL SALA

O Concello de Marín acolle a presentación oficial das finais da Copa Galicia

11-05-2022 17:08:31

REDACCIÓN | Agora sí é o momento de activar a conta atrás. O salón de plenos do Concello de Marín albergou este mércores a presentación oficial das dúas finais da Copa Galicia de fútbol sala, un evento único que terá lugar o vindeiro martes 17 de maio, o Día Das Letras Galegas, no pavillón da Raña.

O consistorio marinense foi precisamente o espazo elixido para dar este mércores o pistoletazo oficial de saída á competición cun acto no que estiveron presentes o vicepresidente da RFGF e máximo responsable do fútbol sala en Galicia, Pablo Prieto; o vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o coordinador do deporte base en Pontevedra, José Manuel Freire; e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña. Trátase da XXX edición masculina da Copa Galicia e da XV edición na categoría feminina, sendo unha competición do máis alto nivel autonómico que poderá verse no Pavillón da Raña, "que xa é como a nosa casa", tal e como declarou na presentación Pablo Prieto.

Na final feminina, que será ás 17.00 horas, enfrontaranse o Ourense Envialia FSF e o Poio Pescamar FS. Pola súa parte, na masculina, ás 19.30 horas, loitarán polo título autonómico O Parrulo Ferrol e o Noia Portus Apostoli. No evento tamén estiveron os representantes dos catro clubs finalistas nestas edicións da Copa Galicia. Ler máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias