El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación aposta de novo pola Gold River Race

A institución colabora con esta competición.

12-05-2022 13:17:05
A Deputación aposta pola Gold River Race.

LUGO | A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou hoxe no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, xunto ao presidente do Comité Organizador da Gold River Race, Francisco García Bobadilla Prosper, a segunda edición desta proba de piragüismo, a máis longa de Europa, que protagonizará a provincia de Lugo acollendo a metade do percorrido. A  institución provincial colabora de novo con esta cita, que se celebrará esta fin de semana, cunha achega económica de 7.260 euros.

No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Taboada, Ramiro Moure; o Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de Lugo, Mauricio Repetto; a xefa territorial de Turismo, Paloma Vázquez, e o director territorial de Abanca, Javier Soto Garrido.

García Porto destacou a importancia desta cita, que “confirma a riqueza do patrimonio fluvial da nosa provincia e de Galicia como escenario privilexiado para esta proba”, así como “un exemplo da capacidade da provincia para acoller probas deportivas de primeiro nivel e de repercusión nacional e internacional”. Trátase dunha cita que na súa primeira edición contou cun “éxito de participantes e de público” e, nesta segunda edición, a provincia de Lugo é punto de saída e acolle preto do 50% do trazado. 

Esta regata, considerada a máis longa de Europa, ten un percorrido de 100 quilómetros que se levará a cabo ao longo de tres días. Mañá venres arrancará a competición no entorno do río Miño, en Lugo, para continuar rumbo ás Fervenzas. Na sesión de tarde complétanse os preto de 50 quilómetros desta primeira regata con saída dende Portomarín e chegada en Chantada, pasando polo concello de Taboada. A proba continuará polo Ribeiro e o Albariño.  

“Unha proba como a Gold River Race supón un importante impulso á promoción do noso territorio e, en consecuencia, un impacto directo no comercio e na hostalaría pola chegada das persoas implicadas na loxística e dos equipos que participan na carreira”, destacou a Deputada. García Porto recordou que estas iniciativas provocan un efecto chamada de cara “ao turismo sostible, de calidade, desestacionalizado e que pon en valor o noso patrimonio natural, cultural e gastronómico polo que traballamos dende a Deputación”.

No acto desta mañá tamén se entregaron recoñecementos a referentes do piragüismo olímpico, como o regatista lucense Ángel Villar Varela, Chilares, representante de España nos Xogos Olímpicos en México, e o medallista ucraíno Alexander Shaparenko. A institución provincial busca con este tipo de iniciativas a consolidación dun turismo de calidade e sostible, apostando por actividades e accións que poñan en valor e coiden o patrimonio dos 67 concellos da provincia. Programas como o Actívate ou as rutas polo románico, así como propostas xa consolidadas como Coñece a túa Provincia permiten fomentar este modelo turismo. Departatamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias