El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Pontón: "O BNG quere ser un goberno que leve con orgullo ter unha lingua propia"

13-05-2022 16:25:00
Ana Pontón (c), portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O galego non ten límites e idioma propio pódese triunfar en todos os ámbitos, desde a música a elaboración de contidos nas redes sociais, pero precísase un goberno que a coide, que a potencia e que lle dea o lugar que lle corresponde dentro e fora de Galiza, desde o orgullo da nosa lingua e cultura.  

“Ese é o goberno que quere ser o BNG, un goberno que leve con orgullo ter unha lingua propia”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, nun acto con novos creadores e creadoras de contidos en galego nas canles de maior impacto entre a xente moza, como tiktok, en vésperas da celebración do Día das Letras Galegas.  

“Apoiar lingua e a cultura propias e tamén apoiar o desenvolvemento persoal, benestar, alegría, pero tamén social e económico, -explicou-, por iso queremos máis futuro para o galego, impulsar un novo marco de igualdade lingüística no que ningunha persoa se vexa obrigada a superar barreiras en función da lingua que fale”.  

Nese sentido, para Pontón, o traballo de creadores e creadores de contidos das novas xeracións é unha mostra de que “a nosa lingua non ten límites”. A líder do Bloque tamén puxo énfase no empuxe internacional do galego “conectándose co mundo da lusofonía”, un amplísimo espazo cultural e lingüístico no que idioma propio pode progresar.  

“Un goberno do BNG tería entre as súas prioridades nesta materia apoiar o galego no ámbito da creación audiovisual, porque é unha das linguaxes do presente e do futuro”, recalcou, con propostas como a creación dunha canle temática específica na TVG para contidos infantís e xuvenís, “con dúas vantaxes: darlle os nenos e as nenas unha oferta audiovisual en galego e desenvolver o potencial creativo nese campo”.  

Pontón tamén explicou que un goberno do BNG derrogará o denominado “decreto da vergoña”, con efectos letais para o idioma pois é o único de todo o Estado que está a perder falantes, para devolverlle ó galego a condición de lingua vehicular no ensino. Hai que rematar, alegou, coa situación actual na que a escola se ten convertido nun elemento desgaleguizador, con nenos e nenas que entran falando galego e saen falando en castelán.  

“Hai que conseguir algo tan básico como o que se recolle no Estatuto, que calquera neno ou nena teña pleno dominio das linguas oficiais, pero sabemos que hoxe hai un problema co coñecemento do galego, non o di o BNG senón a Real Academia Galega e, desde a colaboración e consenso co sector educativo, queremos converter a escola nunha garantía de que as xeracións do futuro van coñecer o galego e, por tanto, van ter a liberdade de poder usalo se así o queren”, explicou.  

Para a portavoz do Bloque, o galego ten que ir máis aló do ámbito cultural e de creación, “ten que estar tamén no ámbito da economía” e, neste sentido, un goberno do BNG traballará para que a propia lingua teñan un carácter transversal e sexa de uso común en todos os ámbitos. “Ten que estar tamén na empresa, na industria, tanto como un elemento de orgullo como desde o potencial económico que aporta un idioma propia”, subliñou.  

Pontón insistiu en que estamos ante un cambio de ciclo, un cambio galego con dúas alternativas, a dun PP que representa o pasado e a dun BNG que representa o futuro e que conta cun proxecto de goberno para construír unha Galiza mellor tras trece anos de “declive”. A líder nacionalista destacou, a preguntas dos medios, que “cortesía toda, cen días e 300 días”, pero lembrou que o novo presidente da Xunta leva trece anos no goberno, “tempo suficiente”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias