SANTIAGO DE COMPOSTELA | Alfonso Rueda, elixido o pasado xoves pola Cámara autonómica como novo titular
do Executivo galego cos votos do PPdeG e a oposición en contra, viviu hoxe o seu gran día desta semana ao tomar posesión deste
cargo.
Alfonso Rueda (Pontevedra, 1968) será o sexto presidente galego e o que
sucederá a Núñez Feijóo, que deixou esta responsabilidade para
centrarse no liderado nacional do Partido Popular (PP) e ser o próximo senador autonómico
por Galicia. Intervención de Alfonso Rueda