El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

A CORUÑA | OS DÍAS 17, 18 E 19 DE XUÑO

A Coruña acollerá a undécima edición do Encontro Artes pola Integración

18-05-2022 11:57:39
Pascal Kleiman.

A CORUÑA | Os vindeiros 17, 18 e 19 de xuño, A Coruña acollerá a undécima edición do XI Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como principal obxectivo romper as barreiras entre artistas e persoas con e sen diversidade funcional e substituílas por vías de acceso bidireccionais que fomenten o coñecemento, o recoñecemento e a inclusión social a través das artes.

Entre as diferentes facetas deste proxecto integrador e transformador - que conta co apoio do  Concello da Coruña, a  Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música), Gadis ou Estrela de Galicia - destacan as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos eficaces e esenciais para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersonais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos

Este evento arrincará no Forum Metropolitano da Coruña o venres 17 de xuño, ás 20:00 horas e con entrada libre ata completar capacidade, coa presentación do festival a cargo da actriz María Vázquez para, posteriormente, asistir a dúas representacións teatrais: unha peza curta que conta coa  importantísima colaboración do prestixioso festival Escena Móbile de Sevilla e, a continuación, a obra “No confeso”, dirixida polo actor Javier Colado e Alma García a partir do proceso de residencia de catro alumnos/ as na Ribeira Sacra e na Coruña.

A primeira xornada do XI Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin con Organik Dantxa e a obra de danza inclusiva “ Arnasa”, ideada e dirixida por Natalia Monge.

O sábado 18 de xuño o evento trasládase a uns Xardíns de Méndez Núñez onde, ás 11 da mañá, dará comezo a Asemblea Diversa, mesa moderada por Manuel Aguilar onde se coñecerán os proxectos seleccionados por Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa. Ademais, Manuel Olveira falaranos sobre “Artes plásticas e visuais e inclusión”,  Eugene Van Erven sobre o Festival Internacional de Artes Comunitarias de Bélxica, Vicente Galaso sobre “Artes inclusivas na enfermidade mental” e Encarna Lago sobre a “Transformación social a través das artes nos museos”.

Xa na xornada de tarde, ás 17:00 horas, poderemos asistir á presentación de La Pequena Bauhaus, marca deseñada por nenos/ as e adolescentes - con e sen diversidade funcional - creada en colaboración con diferentes artistas durante o SacraExperience. Posteriormente, ás 18:00 horas, a compañía de danza integrada do Colexio O Pelouro de Tui,  Eudanza, representará a obra “La danza del yo”, dirixida por Laura  Llauder. 
A segunda xornada do XI Encontro Artes  pola Integración finalizará a partir das 19:00 horas coa representación de “No me toques el secreto”, de  Experimentadanza, unha peza onde tres mulleres, Clara, Carlota e unha cadeira de rodas, descobren a existencia de lugares onde, se os tocas, rexorden emocións profundas que nos aproximan máis á vez que nos afastan dos nosos propios medos.

Esta cita coas artes e a inclusión chegará ao seu fin na xornada do domingo 19 de xuño cando, a partir das 17:00 horas e na praza de Azcárraga, o público asistente poderá gozar da representación dunha peza curta gañadora do festival Escena Móbile de Sevilla. Finalmente, o broche de ouro desta undécima edición do Festival Artes pola Integración correrá cargo do prestixiosos DJ francés Pascal  Kleiman, músico que naceu sen brazos debido a unha malformación provocada por un medicamento que tomou súa nai durante o seu embarazo e que non impediu que triunfe pichando cos seus pés en diferentes discotecas e pistas de baile. Todo un  privilexio, sen dúbida, para o público coruñés.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias