El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA

17 alcaldesas españolas asinan na Coruña a Declaración de María Pita

19-05-2022 18:08:15
Inés Rey convida a todas as alcaldesas de España.

A CORUÑA | A alcaldesa, Inés Rey, deu lectura hoxe á Declaración de María Pita, un documento acordado entre as alcaldesas de cidades españolas capitais de provincia e máis de 100.000 habitantes co obxectivo de traballar pola igualdade dende os seus municipios.

A lectura realizouse nun acto no salón de plenos do Palacio de María Pita, ás 13.00h, ao que estaban convidadas as alcaldesas galegas ademais das alcaldesas españolas asinantes, como símbolo de unidade entre o liderado feminino. Inés Rey foi a encargada de dar lectura á Declaración tras a sinatura das rexedoras presentes, nunha cerimonia que tivo lugar no salón de plenos, acompañada de todas as mandatarias asistentes así como de membros da corporación municipal.


O acto foi a primeira parada do I Encontro de Alcaldesas, "El poder de hacer las cosas bien"; promovido dende o Concello da Coruña co obxectivo de debater e reflexionar sobre o papel das mulleres nas institucións. Ademais da lectura da Declaración de María Pita, o Concello da Coruña organiza unha xornada de debate que se levará a cabo esta tarde en PALEXCO, a partir das 17.00h, na que participarán rexedoras de toda España así como outras mulleres referentes en distintos ámbitos da política. Ler máis





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias