El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso reclámalle á Xunta que se sume ao pacto enerxético

Para o desenvolvemento de enerxías renovables.

24-05-2022 13:36:19
Valentín González Formoso.

AS PONTES | O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta dende As Pontes que se sume ao pacto estratéxico en materia enerxética asinado polos socialistas coas entidades que representan aos traballadores, aos empresarios, aos territorios afectados e ás mulleres do rural.

O secretario xeral do PSdeG renovoulle a Alfonso Rueda a oferta de diálogo que antes lle trasladara a Feijoo a favor da “enerxía e desenvolvemento de enerxías renovables”, en alusión esta vez ao hidróxeno verde. “É unha das ofertas claras que lle poñemos enriba da mesa ao goberno galego”, subliñou.

Formoso apuntou que “o potencial de Galicia ten que agromar no ámbito enerxético, que ten que ser un dos eixos claros dun goberno nun momento no que a enerxía estase a amosar como un elemento estratéxico crucial para o país”.

O responsable socialista lembrou o acordo asinado o pasado mes de abril con UGT, CCOO, Fademur, UUAA e Ventonoso para impulsar enerxía eólica sostible, que foi o primeiro acordo do Estado para darlle a Galicia “o protagonismo que merece no reto da independencia enerxética e a capacidade de xeración e almacenamento de enerxía con emisións cero”.

Así o dixo na inauguración dun centro de coworking centrado nas enerxías renovables e o hidróxeno verde no polígono industrial de Penapurreira, no Concello de As Pontes, deseñado para agrupar aos especialistas do sector. A Deputación de A Coruña poñerá enriba da mesa os recursos económicos, humanos e materiais para desenvolver as súas iniciativas emprendedoras.

Trasladou o agradecemento ás entidades empresariais e á asociación de empresarios de As Pontes por facilitar as instalacións para “darlle vida e pulo á xuventude que quere emprender no seu país”. Explicou que estes centros titorizados pola Deputación teñen acollido xa 300 empresas e máis de 4.500 postos de traballo na provincia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias