SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta á portavoz
nacional do BNG, Ana Pontón, e ao secretario xeral do PSdeG, Valentín
González Formoso, para convocalos a unha reunión, con cada un deles, o
vindeiro luns día 6 de xuño.
"Vounos a recibir porque a xente espera que os representantes
políticos falemos entre nós.
Tal e como avanzou hoxe na Radio Galega,
o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, convocou hoxe por carta a senllas
xuntanzas o día 6 de xuño aos dous representantes da oposición
parlamentaria en Galicia: a portavoz nacional do Bloque Nacionalista
Galego, Ana Belén Pontón Mondelo, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE,
Valentín González Formoso.
“Gustaríame tomar a iniciativa e
comezar unha rolda de contactos cos representantes da oposición para
poñer en común a vosa visión e a da Xunta respecto á situación actual e
futura de Galicia”, expresa o presidente na súa misiva.Entre os
asuntos que, ao seu xuízo, son prioritarios para Galicia, Rueda cita a
suba abrupta dos prezos ata niveis descoñecidos nos últimos 30 anos, a
necesidade de que os fondos europeos contribúan a unha reactivación
sólida e sostida e a necesidade de seguir mellorando a calidade dos
nosos servizos públicos.
O presidente da Xunta expresa na carta a
súa intención de consensuar coa oposición unha posición única da
Comunidade Autónoma de cara á reunión que manterá co presidente do
Goberno central, Pedro Sánchez, cando este a convoque.