El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

RENFE

O BNG require a RENFE atender as demandas das persoas usuarias e repoñer horarios e frecuencias

30-05-2022 12:01:18

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas na cámara baixa para coñecer as conclusións ás que chegou Renfe despois de manter reunións cos usuarios habituais de media distancia e Avant na Galiza, así como coñecer as melloras que se introducirán nos servizos ferroviarios no País. A frente nacionalista demanda que se atendan as demandas dos colectivos para adecuar os horarios e frecuencias ás necesidades das e dos viaxeiros habituais. Así mesmo, propón que se manteña no tempo o Comité de Clientes para continuar analizando as necesidades de mellora do servizo e pide que se trasladen as conclusións e datos recollidos até o de agora.

“O BNG considera imprescindíbel apostar polo ferrocarril, un transporte sustentábel e de futuro para a conexión áxil das principais vilas e cidades do País” destaca Rego. A implantación dos servizos de cercanías ou de proximidade é imprescindíbel para esa mobilidade, mais, “mentres non se implante ese servizo, o Eixo Atlántico pode suplir esta carencia ofrecendo horarios e frecuencias útiles e adecuadas para o tránsito diario, adaptándose ás necesidades das persoas que se desprazan por motivos laborais ou de estudo, así como, apostando por unha verdadeira política tarifaria, coa mellora dos abonos e descontos, que faga do transporte ferroviario unha alternativa competitiva” subliña o deputado nacionalista.

Despois dos cambios nos horarios que se introduciron despois da chegada do AVE a Galiza, as persoas usuarias comezaron unha campaña para reclamar súa reposición e adecuación, moitas delas agrupadas en colectivos como “Perder o Tren” ou “Media Distancia Galiza”. Ante as protestas dos e das usuarias do Eixo Atlántico, Renfe comprometeuse a revisar os horarios, e con esa finalidade constituíu o “Comité de clientes”. Despois das reunións mantidas cos representantes dos colectivos para coñecer as súas achegas para mellorar o servizos, “queremos coñecer se RENFE atenderá as demandas das e dos usuarios, cales son as súas conclusións e cando vai repoñer os horarios e frecuencias” salienta o deputado nacionalista.

En todo caso, unha vez solucionados os problemas actuais polos cambios horarios, pode ser positivo que Renfe manteña este organismo de interlocución, o chamado “Comité de Clientes” entre a compañía e as persoas usuarias habituais e “así poder atender futuras demandas, avaliar o servizo e promover melloras no mesmo” conclúe Rego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias