El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

"Pequenas grandezas" gaña o VIII Concurso de guións contra a violencia de xénero da Deputación

01-06-2022 12:23:08

A CORUÑA | “Pequenas grandezas”, das alumnas do  IES de Arzúa Andrea Varela e Aurora Rodríguez, é o gañador do VIII Concurso de guións contra a violencia de xénero, convocado pola Deputación da Coruña. Varela e Rodríguez, quen tiveron como titora á docente, María Esperanza Rocamonde, recibirán como galardón un curso práctico de realización de curtas no que se producirá un vídeo baseado no seu guión; ademais, outórgase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo arzuán, vencedor tamén na edición de 2020 co guión “Escondite inglés”. 
 
O xurado estivo formado por María Muíño, deputada provincial de Igualdade, en calidade de presidenta, e polas vogais Eva Ovenza, técnica de Igualdade da Deputación; María Anxos Romeo, profesora de secundaria do IES Rafael Puga Ramón; e Paula Filgueiras, técnica de servizos sociais da Deputación; actuou como secretaria Carolina Buhigas. O xurado considera que o guión gañador “incide na violencia vicaria, ten moi boa estrutura e moita capacidade de integrar ao alumnado das distintas etapas”.
 
“Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade”, explicou María Muíño, “xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla”. “Por este motivo”, engadiu, “dende a Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar á poboación en xeral, sobre a violencia vicaria, violencia que se exerce sobre a muller co fin de causarlle o maior dano psicolóxico a través de terceiras persoas e que consegue o seu grao mais elevado de crueldade co homicidio ou asasinato destas persoas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias