A CORUÑA | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe
dende A Coruña que a situación de “colapso sanitario” que está a vivir a
sanidade pública galega “evidentemente ten que protagonizar claramente a
reunión que temos co presidente Rueda o próximo luns”.
O
líder dos socialistas galegos puntualizou que “non o dicimos os
socialistas galegos”, senón que “por primeira vez na historia da
democracia o din os xefes de servizo de tódolos hospitais galegos”.
Estes, explicou, “está denunciando o colapso sanitario, o déficit de
xestión ou a irresponsabilidade na asignación a estes colectivos de
tarefas que non son médicas”.
O responsable socialista
puxo o acento sobre a situación de “persoas nos servizos de Urxencias
ateigadas polos corredores, agardando 48 horas para poder ter unha
simple habitación”. A situación de “colapso sanitario”, sinalou,
esténdese ás “tardanzas inxustificables, indefendibles e inexplicables”
na Atención Primaria á hora de facer “un mínimo diagnóstico”, cun claro
deterioro da atención hospitalaria. Departamento de comunicación