El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Formoso destaca o crecente liderado feminino no sector público

03-06-2022 16:48:22
Valentín González Formoso.

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, clausurou hoxe a xornada “Liderando en feminino desde o sector público. Estratexias para alcanzar a igualdade real”, que reuniu no Pazo de Mariñán (Bergondo) a un centenar de mulleres que destacan pola súa labor enm diferentes sectores da administración pública.  

Xuízas e fiscais, médicas, policías, investigadoras ou docentes compartiron ao longo da xornada experiencias persoais e profesionais sobre os avances en igualdade nestes e outros ámbitos do sector público, onde teñen un papel cada vez máis relevante, segundo destacou o presidente. Formoso apuntou que en sectores como a educación ou a sanidade, a presenza feminina supera amplamente o 70%, mentres hai outros onde aínda as mulleres contan cunha presenza menor, como as forzas armadas ou os corpos de seguridade do Estado.
 
O presidente agradeceu o traballo das mulleres “que desde ámbitos tan diferentes poñen cada día o seu talento e capacidade ao servizo do conxunto da sociedade galega”. “Queda camiño por andar, pero o futuro será en feminino”, apuntou. A conferencia de clausura desta tarde correu a cargo de Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación da UDC e presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias