El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

VIGO

O BNG exixe ao Goberno rematar co acoso inmobiliario da SAREB en Vigo

03-06-2022 17:37:08

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas no Congreso ante as actuacións de acoso que está levando a cabo a SAREB coa veciñanza da urbanización Privada Moderna no Calvario en Vigo. A organización nacionalista reclama ao Goberno do Estado que poña fin ao acoso inmobiliario que exerce contra os e as inquilinas e que se acometan as obras de reforma necesarias para garantir a seguranza e habitabilidade dos inmóbeis e os espazos comúns. Rego defende a urxencia de efectivizar a transferencia en favor da Xunta de Galiza de todos os bens inmóbeis dos que é titular a SAREB no territorio galego para incorporalos no Parque Público de Vivenda.

Na rúa Privada Moderna da cidade de Vigo, no barrio do Calvario, situado entre as rúas Urzaiz e San Roque, existe un bloque de corenta e dúas vivendas, das cales seis inmóbeis continúan a estar habitados por varios inquilinos e inquilinas cun contrato de arrendamento vitalicio baixo rendas antigas. Na actualidade, estas vivendas forman parte dos activos da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, sociedade en que participa de maneira maioritaria o Estado español.

“Hai cinco ano, estas inquilinas e inquilinos comezaron a ser vítimas da fustigación da propia SAREB co obxectivo de forzar o seu abandono das vivendas. O acoso inmobiliario que se manifesta na negativa reiterada a acometer as obras de reforma necesarias, en edificacións de preto de cen anos de antigüidade e que presentan algúns danos e deficiencias, que motivaron que a propia Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo resolvese requirir esas actuacións que até o momento non se realizaron” destaca o deputado do BNG.

Estas deficiencias provocan un risco para o conxunto da cidadanía e un evidente malestar para a veciñanza. A destacar as queixas referidas a filtración da auga nas cubertas e outros problemas de carácter estrutural. “Lonxe de ser atendidos as únicas actuacións emprendidas pola SAREB son de desmantelamento interior dos propios edificios coa pretensión de forzar unha declaración de ruína que permita a súa expulsión e a promoción de novas edificacións nun ámbito de gran interese urbanístico” denuncia Néstor Rego.

En opinión do deputado nacionalista, se o acoso inmobiliario é un fenómeno de por si grave e inaceptábel, ademais de ilegal, que o exerza unha sociedade como a SAREB, con maioritaria participación pública do Estado resulta aínda máis grave. “Reclamamos ao Goberno do Estado que adopte con firmeza e axilidade todas as medidas e actuacións que foren precisas para poñer fin ao acoso inmobiliario que exerce a Sociedade contra os e as inquilinas de vivendas” explica o deputado do BNG.

Paralelamente, a organización soberanistata tamén demanda ao executivo estatal que, a través da súa participación na sociedade, faga as xestións precisas para que se acometan as obras de reforma para garantir a seguridade e habitabilidade de  eses inmobles e os espazos comúns. “Garantir o dereito á vivenda é incompatible con permitir que a  Sareb actúe con este proceder, reproducindo os modos e maneiras propios de fondos voitre que conciben as vivendas como mercadoría para a especulación e non como un ben esencial e básico” reivindica Rego.

O deputado do BNG conclúe lembrando a necesidade de efectivizar a transferencia a Galiza de todos os bens inmóbeis dos que é titular a SAREB en territorio galego “para a súa incorporación ao Parque Público de Vivenda e o fomento dos alugueiros sociais”.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias