A CORUÑA | O
vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, representará á Deputación
da Coruña no encontro estatal sobre destinos turísticos intelixentes que terá
lugar este venres, 10 de xuño, na Casa Consistorial de Benidorm e que contará
coa particpación da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
Trátase da V Edición do Congreso Digital Tourist que organiza a Asociación
Multisectorial de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicaciones y
Electrónica (AMETIC).
O relatorio de Xosé Regueira
enmárcase na mesa redonda que leva por título ‘Turismo rural: el papel de las
diputaciones’, na que se abordará como o turismo intelixente no territorio
incide no desenvolvemento económico do medio rural. Neste panel, terá unha
especial relevancia como a pandemia modificou os hábitos turísticos e que tipo
de oportunidades se derivan dese cambio, así como o papel das administracións
provinciais na promoción dun turismo sustentable, competitivo e accesible.
O vicepresidente da Deputación
da Coruña compartirá mesa redonda cun representante da Diputación de Alicante,
coa deputada de Turismo da Diputación de Cáceres, Patricia Valle, e co asociado
de AMETIC, Ignacio Albendea. A mesa estará coordinada por Javier Martínez
Belotto, coordinador do grupo de traballo ‘Pueblos digitales sostenibles’ da
AMETIC.
O Congreso Digital Tourist
reune a responsables sectoriais do ámbito da empresa dixital e a responsables
políticos e administrativos a nivel estatal, autonómico e provincial. En total,
celebraranse doce mesas redondas e relatorios que abordarán, entre outras cuestións,
como a tecnoloxía actual permite detectar patróns de comportamento, controlar
aforos nos principais puntos de concentración turística, como abordar a
transición turística sostible en materia de redución da pegda de carbono e de
consumos de auga, ou como promover un turismo de interior consciente baseado na
riqueza cultural, patrimonial e de natureza dos distintos territorios. Departamento de comunicación