OURENSE | Está aberto o prazo para poder inscribirse no seminario online "Como concienciar á plantilla sobre a ciberameaza existente? O factor humano como clave da ciberseguridade”, que se celebrará o martes 15, ás 18:00 horas. O curso tratará sobre o concepto de ciberseguridade e os posibles riscos e ataques que se poden dar, así coma posibles solucións ante este tipo de ataques e as vantaxes de ter formación en este eido.
A 'webinar' está enmarcada no contexto do grupo de traballo de cidadanía-empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Adenda e da Deputación de Ourense, entidade fundadora de CIBER.gal: a sesión realizarase vía zoom e as inscricións poderán realizarse a través do seguinte enlace. Departamento de comunicación