El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOLICITUDE DE BIC

O BNG levará ó Parlamento a solicitude de BIC para a música, canto e baile tradicionais galegos como patrimonio inmaterial

09-06-2022 13:33:53
Ana Pontón (c), portavoz nacional.

SANTIAGO DE CO,POSTELA | O BNG vai levar ó Parlamento unha proposición non de lei para reclamar a declaración de ben de interese cultural (BIC) para o baile, canto e música tradicionais galegas na categoría de patrimonio inmaterial, que permita a estas manifestacións artísticas contar coa protección e posta en valor dunha riqueza cultural que sigue moi viva.  

“Hai máis de 30.000 alumnos e alumnas nas escolas de baile, un millar de profesores e de profesoras e só esta actividade xera seis millóns de euros”, destacou a portavoz nacional, Ana Pontón, durante o acto de presentación da iniciativa, que contou coa participación dun grupo de mozos e de mozas que fixeron unha demostración de baile e de canto tradicionais demostrando, precisamente, o interese das novas xeracións por estas formas culturais propias. “Demostran a viveza desa cultura tradicional que a xente nova quere manter, motivo para o optimismo porque entender as nosa raíces é importante”, destacou a líder do Bloque,  “é unha riqueza que hai que protexer, poñer en valor, apoiar e divulgar”.
 
Por iso, a líder nacionalista critica a inacción do Goberno do PP que tras anunciar a incoación dun expediente BIC, este foi finalmente desestimado en 2020, despois de que a tramitación se iniciase por impulso dunha iniciativa popular en 2018. Por iso, a formación nacionalista leva o tema á Cámara para retomar a tramitación e conseguir a declaración de ben de interese cultural.
 
O BNG toma así a iniciativa levando ao Parlamento unha proposición non de lei, tendo en conta que  hai un traballo feito, incluídas as alegacións de moitas entidades sociais, “polo que o Goberno da Xunta debería recoller todo ese traballo e iniciar un novo expediente que permita darlle apoio a este patrimonio e a todo o tecido cultural que o promove e o apoia”, alegou Pontón.
 
Igualmente, explicou a líder nacionalista, o Bloque vai solicitar a creación dun observatorio para a música, baile e canto tradicionais galegos, para avaliar o seu estado de conservación e facilitar a preservación de todo o material e documentación, “aproveitando o importante traballo de recollida feito por moitas persoas ó longo e ancho do País de xeito altruísta”, sinalou.
 
Pontón destacou  “o orgullo por unha tradición que non é pasado senón que sigue tendo un presente vivo e rico, pese a un Goberno que non ten feito os seus deberes”, e por iso é importante promover a declaración de BIC, “para protexer esta riqueza cultural e porque temos que coidar o noso patrimonio inmaterial”, concluíu, tras a presentación da iniciativa nun acto no que tamén estivo presenta a portavoz parlamentaria de Cultura, Mercedes Queixas, e a portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias