El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón critica que o Goberno do PP siga cruzado de brazos mentres os prezos afogan á clase traballadora e ás PEMES

10-06-2022 18:30:04
Ana Pontón, portavoz nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A  subida de prezos segue imparable cun IPC en Galiza do 9,6%, un punto por riba da media estatal nun País coas pensións e salarios á cola, afogando ás familias, clase traballadora e ás pequenas e medianas empresas. Neste contexto, a portavoz nacional, Ana Pontón, preguntase até cando vai seguir o Goberno do PP “cruzado de brazos”.

“Galiza está sufrindo máis a inflación e, por tanto, soportando unha maior perda do poder adquisitivo e por iso me pregunto que espera o Goberno da Xunta para tomar medidas a favor das persoas con menos recursos”, interpelou Pontón, tras o encontro coa directiva de COGAMI e a visita a Coregal e Trameve, empresas de referencia no sector da economía social.

A líder do BNG puxo sobre a mesa as propostas da formación nacionalista para paliar o impacto da inflación, con medidas destinadas a axudar ós colectivos con menor nivel de ingresos e ó tecido de PEMES, mobilizando para iso 700 millóns de euros que permitan sufragar medidas tan concretas como, por exemplo, o incremento do complemento autonómico das pensións non contributivas, arredor de 37.000, as máis baixas.

Igualmente, explicou, o Bloque aposta por aumentar a Risga e facela compatible co IMV, así como incrementar as axudas para gastos básicos de vivenda ás persoas con menores rendas, tendo en conta que é precisamente unha das rúbricas do IPC que máis sube, nada menos que un 21,8% en maio, pois computa o aumento de gastos como vivenda, auga, luz, ou gas. Medidas que se complementan cun plan de axudas directas as pequenas e medianas empresas dos sectores produtivos máis impactados pola espiral inflacionista.

“Son medidas viables se hai vontade política e por iso lle pedimos ó Goberno do PP que deixe de ter os brazos cruzados e que actúe”, reclamou unha Ana Pontón que, xunto con estas medidas de choque tamén puxo sobre a mesa medidas de carácter estrutural.

Empezando por “establecer un tope máximo para o prezo da luz e dos carburantes para evitar o que está sucedendo nas últimas semanas con medidas como a subvención dos 20 céntimos nas gasolineiras, porque se están drenando miles de millóns de euros de cartos públicos para as petroleiras pero sen conseguir baixar os prezos”.

No paquete de propostas estruturais, Pontón inclúe a subida de impostos ás eléctricas para que contribúan coas súas multimillonarias ganancia a paliar a crise, cambios normativos para acabar coa “aberración” dos beneficios caídos do ceo e a posta e marcha dunha empresa pública de enerxía, como teñen outros países europeos.

A líder do Bloque subliñou o momento de “extrema dificultade económica” que está poñendo en perigo a supervivencia de moitas PEMES, “e non pode ser que mentres temos a cidadanía en dificultades o goberno da Xunta siga de brazos cruzados sen tomar ningunha decisión no seu ámbito de competencias”, criticou.


Next Generation

A portavoz nacionalista tamén destacou a preocupación pola xestión e distribución que se está facendo dos fondos de recuperación Next Generation, en base a unha centralización á que o BNG sempre se opuxo por considerar que prexudicaba a Galiza, como así está sendo, “pero ese deseño centralizador é compartido tanto polo PP como polo PSOE, pese a ser prexudicial para o noso País”. 

A estas alturas, alertou, “non coñecemos ningún proxecto importante para Galiza que teña os fondos garantidos e o Goberno da Xunta, e así llo trasladei ó presidente Rueda no recente encontro, non está tendo unha estratexia intelixente nun asunto no que hai tanta opacidade”. A proposta do Bloque, reiterou, “pasa pola descentralización e por conseguir que eses fondos, -que non son a panacea pero que son os únicos extraordinarios-, cheguen á pequena e mediana empresa, ó tecido produtivo en lugar de quedarse nas mans dunha presa de multinacionais”. 

Por iso, sen coñecer que vai trasladar o xefe do Executivo á vicepresidenta económica, Nadia Calviño, a posición do BNG é que Galiza “non pode quedar discriminada no reparto de fondos e estes deben chegar ó tecido empresarial galego, porque se van para financiar a tres transnacionais será unha oportunidade perdida”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias