El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | COGAMI

Pontón aplaude o traballo de COGAMI e propón un plan transversal de goberno de apoio ás empresas de economía social

10-06-2022 18:49:41
Ana Pontón, portavoz nacional, en COGAMI.

SANTIAGO DE COMPOSTELA |  A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro con dirección de COGAMI, encabezada polo presidente Anxo Queiruga, que aproveitou para poñer en valor o traballo desta entidade e das súas empresas no ámbito da economía social, facilitando a integración laboral e social das persoas con diversidade funcional.  

“O seu traballo é importante para darlle dereitos laborais ás persoas con discapacidade contribuíndo tamén a construír unha sociedade e unha Galiza máis xusta, demostrando a capacidade, a viabilidade e o bo facer das empresas deste sector”, destacou a líder do BNG durante o encontro e posterior visita a dúas das empresas referentes da economía social promovidas por COGAMI, como son Coregal e Trameve. “Ofrecen servizos de calidade e rompen con moitas barreiras demostrando o seu potencial económico e de integración”.  

A economía social xera en Galiza máis de 25.000 empregos e representa un modelo polo que hai que apostar nun mundo que avanza cara unha sociedade na que aumenta a desigualdade, “mentres que a economía social ofrécenos a alternativa contraria, con empresas comprometidas, que reinvisten no País e que, querendo ter beneficios, non é o seu principal obxectivo, senón que apostan pola igualdade, pola conciliación, pola integración e por un modelo máis xusto”.  

Neste sentido, Pontón trasladou o apoio do Bloque a COGAMI e as súas empresas de economía social, un sector que merece máis apoio e máis impulso desde a administración pública. Por iso, a líder nacionalista propón que a economía social forme parte dun plan transversal de goberno:  “Iso é o que lle pedimos ao Goberno da Xunta, un plan transversal para a economía social onde se impliquen todas as consellerías para empuxar o desenvolvemento das empresas de economía social e, nesa dirección, que conten con apoio para chegar ó medio rural e a concellos fora das cidades”.
 
Outra medida de apoio é a reserva de contratos na administración pública para as empresas deste sector, aproveitar novas oportunidades como a que ofrece a Lei de xestión de residuos estatal que establece unha reserva do 50% para as empresas de economía social na xestión de residuos téxtil e voluminosos, cuestión que debe trasladarse tamén aquí. “A economía social é un ámbito de futuro”, concluíu. Departamento de comunicación
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias