El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso: "A ausencia de acción política da Xunta está a conducir a Galicia cara a un deserto industrial"

14-06-2022 15:42:37
Valentín González Formoso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, alertou hoxe de que a ausencia de acción política da Xunta está a conducir a Galicia cara a “un deserto industrial”. Así o advertiu antes de manter unha xuntanza cunha representación da asociación de empresarios de Carballo, onde incidiu en datos que “nos deben facer ser conscientes da situación francamente preocupante que atravesa o sector da industria en Galicia”.

O líder dos socialistas galegos lembrou que, no que vai de ano, a produción industrial en Galicia caeu un 7 por cento mentres que en España se incrementou nun 2 por cento. A maiores, subliñou que os últimos datos, correspondentes ao mes de abril, evidencian unha baixada dun 8 por cento, o que nos sitúa á cola de todas as comunidades do Estado. Neste contexto, a pasividade e a inacción da Xunta fai que Galicia está cada vez máis lonxe de acadar o obxectivo marcado por Bruxelas de que o sector industrial xere o 20 por cento do PIB.

En paralelo, Formoso advertiu de que hoxe en Galicia temos 60.000 empregos menos no sector industrial que no ano 2009. E a situación é aínda máis grave se se analizan as cifras do emprego en xeral. Así, nese mesmo período, a nosa comunidade perdeu máis de 100.000 postos de traballo, cando en España hai case un millón de ocupados máis.

Neste escenario, Formoso reivindicou a necesidade de que a Xunta asuma dunha vez por todas as competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía en materia de industria. Deste xeito, avogou pola posta en marcha de políticas activas e reindustrializadoras que inclúan liñas de apoio aos emprendedores.

Esas medidas, incidiu, tamén deben aplicarse para o tecido produtivo industrial xa consolidado e exportador, “que está a buscar cada día o seu espazo na economía non só galega e nacional senón, tamén na europea e internacional”. Apoio do PSdeG á construción da circunvalación do polígono de carballo

Formoso realizou estas declaracións antes de manter un encontro con representantes da Asociación de empresarios do polígono de Carballo, aos que lles amosou o seu apoio ás súas demandas. De maneira específica, o secretario xeral do PSdeG anunciou que os socialistas reclamaranlle á Xunta que nos orzamentos do vindeiro ano inclúa unha partida para retomar o proxecto para construír a circunvalación do polígono de Carballo.

Formoso comprometeuse así cunha necesidade na que fixeron especial fincapé os empresarios. A circunvalación permitiría evitar que todo o tráfico pesado que entra e sae da zona teña que pasar polo casco urbano do municipio e deixe de afectar incluso a zonas escolares, tal e como sucede na actualidade.

Por outra banda, o líder dos socialistas galegos tamén expresou o apoio do PSdeG a outras das peticións realizadas polo tecido empresarial. Entre elas está o aumento de chan industrial. Nesta liña reivindicou unha ampliación do polígono que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, “xa debería estar facendo”. Ademais, Formoso incidiu na necesidade de actualizar e dixitalizar o parque empresarial de Carballo nos ámbitos “que demanda hoxe en día a economía produtiva e que son as telecomunicacións”.

Tamén apostou -á marxe da necesaria circunvalación- por mellorar as infraestruturas dun polígono que presta servizo loxístico á comarca de Bergantiños e, sobre todo, a Carballo. Por iso, demandou a implicación na súa mellora de todas as administracións, algo para o que comprometeu o apoio da Deputación da Coruña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias