El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Formoso esíxelle a Feijóo que se "poña mans á obra" e desbloquee a renovación do poder xudicial

15-06-2022 12:49:07
Valentín González Formoso.

BERGONDO | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle hoxe ao PP de Núñez Feijoo que “que se quite a careta de moderación e se poña mans á obra” para desbloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Así o dixo na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, no Pazo de Mariñán -Bergondo-, na que participou o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

O responsable socialista sinalo que “os españois teñen dereito a que a Xustiza funcione, teñen dereito a unha renovación do CXPX que está bloqueada agora polo PP de Feijoo igual que o estivo antes polo PP de Casado”. Esixiulle que traballen para “renovar un dos poderes fundamentais do Estado, como é a xustiza, e que os poderes do Estado funcionen”.

Puntualizou que os españois “teñen dereito a que os maxistrados que se xubilan poidan ser renovados, e que os asuntos paralizados no Supremo poidan activarse” porque, advertiu, “detrás de cada asunto hai prexudicados e prexudicadas”. Reclamoulle ao PP que colaboren para “construír o país que os españois teñen decidido e para o que nos poñen á fronte das institucións”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias